- Con estes galardóns, a entidade quere distinguir o labor ambiental de personalidades, entidades, proxectos e pezas informativas do noso país
- Os participantes poderán presentar traballos (artigos, reportaxes, vídeos, infografías, etc) en tres categorías (televisión, radio e prensa), premiadas cada unha con 3.000 euros
- O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 18 de outubro
Cerceda, a 15 de xullo de 2022.- Ecovidrio lanzou a XXIII edición dos seus premios, cos que pretende promover e recoñecer o labor ambiental de personalidades, entidades, proxectos e pezas informativas do noso país.
Os participantes poderán presentar traballos (artigos, reportaxes, vídeos, infografías, fotografías, aplicacións, posts, tuits e campañas dixitais) en tres categorías (televisión, radio e prensa), premiadas cada unha con 3.000 euros. Ás mesmas poderá concorrer toda persoa física maior de idade ou xurídica, equipo de medio de comunicación ou programa de calquera nacionalidade, que publique ou emita, entre o 1 de setembro de 2021 e o 1 de xullo de 2022, en medios dixitais, audiovisuais ou impresos españois, un traballo (artigo, reportaxe, vídeo, infografías, fotografías, etc) centrado no medio ambiente, a sostibilidade, a economía circular ou a reciclaxe en xeral.
O prazo de inscrición abriuse o pasado 28 de xuño e pechará o próximo 18 de outubro de 2022, ás 23.59 horas (hora peninsular).
OUTRAS CATEGORÍAS
O concurso contempla outras categorías sen dotación económica e que non precisan de inscrición algunha, xa que serán elixidas por un comité de Ecovidrio conformado por empregados da entidade e sen mediación dun xurado.
É o caso de “Maior impacto cidadán”, que será elixida entre programas ou proxectos de entidades e institucións que impulsan a implicación cidadá na protección do medio ambiente e que supoñen un revulsivo para mudar hábitos cara a condutas máis sostibles ou que teñan mellorado a vida de persoas e ecosistemas co medio ambiente como bandeira.
Tamén figura “Personalidade ambiental Ecovidrio”, que será elixida entre as personalidades que destacaron especialmente pola súa traxectoria e achega ao coidado do medio ambiente, a loita contra o cambio climático e a mobilización cidadá.
Pola súa banda, o “Premio especial #Ecólatras”, será seleccionado entre aquelas persoas, entidades ou proxectos que fixesen gala dun compromiso constante coa protección da contorna e a divulgación de valores relacionados co medio ambiente, a sostibilidade e a economía circular.
Toda a información en: https://hablandoenvidrio.com/premios-ecovidrio/
Saúdos, Departamento de Comunicación