- O obxectivo destes galardóns é promover e recoñecer a divulgación de valores ambientais, sostibilidade, economía circular e reciclado en xeral
- Os interesados dispoñen de prazo ata o 15 de novembro de 2023 para formalizar a súa inscrición, podendo presentar os seus traballos en dúas categorías: prensa (en liña ou impresa) e audiovisual (radio ou TV), premiadas cada unha con 5.000 euros
Cerceda, a 3 de agosto de 2023.- Ecovidrio convocou a XXIV edición dos seus premios, orientados a recoñecer o labor ambiental de personalidades, entidades, proxectos e pezas informativas do noso país, sendo o obxectivo dos mesmos promover e recoñecer a divulgación de valores ambientais, sostibilidade, economía circular e reciclado en xeral.
Os interesados dispoñen de prazo ata o 15 de novembro de 2023, ás 23:59 horas, para formalizar a súa inscrición, podendo presentar os seus traballos (artigos, reportaxes, vídeos, infografías, fotografías, aplicacións, posts, tuits e campañas dixitais) en dúas categorías: prensa (en liña ou impresa) e audiovisual (radio ou TV). Cada unha destas categorías será premiada cunha dotación de 5.000€.
Nas Categorías ´Audiovisual’ e ‘Prensa’, poderán participar toda persoa física maior de idade ou xurídica, equipo de medio de comunicación ou programa de calquera nacionalidade, que publique ou emita en medios dixitais, audiovisuais ou impresos españois e nalgunha das linguas oficiais do territorio nacional (castelán, catalán, euskera ou galego) un TRABALLO que teña por obxecto o medio ambiente, a sostibilidade, a economía circular ou a reciclaxe en xeral. Poderán presentarse traballos de carácter individual ou colectivo. Para o caso da coautoría, cada un dos coautores deberá ser maior de idade.
Os traballos (artigos, reportaxes, vídeos, infografías, fotografías,…) deberán ser publicados entre o 1 de xullo de 2022 e o 28 de xuño de 2023.
Toda a información en https://hablandoenvidrio.com/premios-ecovidrio-2023/
Fonte e imaxe: Ecovidrio