- Contémplanse dous galardóns: o primeiro, a un traballo realizado por investigadores sénior, dotado con 6.000 euros; e o segundo, orientado a incentivar a promoción de mozos investigadores menores de 30 anos, dotado con 2.000 euros.
Cerceda, a 16 de xuño de 2020.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convocou os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2020.
Contémplanse dous galardóns: o primeiro, a un traballo realizado por investigadores sénior, dotado con 6.000 euros, resultando necesario que uno dos autores sexa doutor; e, o segundo, orientado a incentivar a promoción de mozos investigadores menores de 30 anos, dotado con 2.000 euros.
Poderán concorrer todos os investigadores que presenten un traballo realizado total ou parcialmente en universidades e centros de investigación de Galicia, e que verse sobre temáticas propias das seccións da Academia: Matemáticas, Física e Física do Cosmos, Química e Xeoloxía, Bioloxía e Ciencias da Saúde, Ciencias Técnicas ou Ciencias Económicas e Sociais.
O traballo pode ser inédito, estar aceptado para a súa publicación ou ter sido publicado xa, pero con posterioridad eao 1 de xaneiro de 2020.
O prazo para a presentación de candidaturas arrincou o pasado 30 de maio e concluirá o próximo 1 de xullo. A participación tramitarase vía telemática.
Máis información en https://www.ragc.gal/es/premios-de-investigacion/