- A entrega do premio, máximo galardón ambiental de Nacións Unidas, terá lugar hoxe mesmo nunha cerimonia de gala a celebrar en Nova York, no marco do 74º período de sesións da Asemblea Xeral da ONU.
- En liña co Acordo de París e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ONU), este país centroamericano elaborou un plan para alcanzar a descarbonización da súa economía antes de 2050 que inclúe reformas no transporte, a enerxía, a xestión dos residuos e o uso da terra.
- Costa Rica atópase entre os cinco Campións da Terra deste ano. As outras categorías son: Visión Emprendedora, Inspiración e Acción, e Ciencia e Innovación.
Cerceda, a 26 de setembro de 2019.- Hoxe, 26 de setembro, o presidente de Costa Rica, Carlos Alvarado Quesada, recibirá o premio Campións da Terra 2019, máximo galardón ambiental das Nacións Unidas, polo papel que veu desempeñando entre país centroamericano na protección da natureza e a loita contra o cambio climático.
En liña co Acordo de París e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ONU), Costa Rica elaborou un plan para alcanzar a descarbonización da súa economía antes de 2050 e que inclúe reformas no transporte, a enerxía, a xestión dos residuos e o uso da terra
Tal e como manifestou Inger Andersen, directora executiva do Programa das Nacións para o Medio Ambiente, “Costa Rica foi pioneira na protección da paz e a natureza, e é un exemplo para a rexión e para o mundo”.
A necesidade dunha acción global firme e contundente contra o cambio climático centrou o Cume sobre a Acción Climática convocada polo Secretario Xeral da ONU, António Guterres, e que tivo lugar en Nova York o pasado día 23.
En 2018, o Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático indicou que limitar o quecemento global a 1,5 °C requiriría cambios sen precedentes para reducir as emisións de carbono nun 45% para 2030 (desde os niveis de 2010), e alcanzar a neutralidade de carbono ao redor de 2050.
Costa Rica atópase entre os cinco Campións da Terra deste ano. As outras categorías son: Visión Emprendedora, Inspiración e Acción, e Ciencia e Innovación.
Os galardoados reciben hoxe os seus recoñecementos nunha cerimonia de gala a celebrar en Nova York, no marco do 74º período de sesións da Asemblea Xeral da ONU.
No evento tamén serán distinguidos sete pioneiros ambientais de entre 18 e 30 anos de idade, quen levaranse a casa o premio Novos Campións da Terra.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación