- En total, rexistráronse o pasado ano 478.535,06 toneladas en volume valorizado, 592.198,55 toneladas en volume de residuo, 396.203,79 toneladas en volume de reciclaxe e 82.331,27 toneladas en volume de valorización enerxética.
Cerceda, a 21 de outubro de 2020.- Segundo o “Estudo da Taxa de Valorización dos Envases e Embalaxes de Madeira en España en 2019’, realizado pola Federación Española do Envase de Madeira e os seus Compoñentes (Fedemco), en colaboración con Ecoembes, a taxa de valorización dos envases e embalaxes de madeira creceu, respecto ao ano 2018, en 0.34 puntos porcentuais, alcanzando o 80,80%. A reciclaxe prácticamente mantense no 66,90% e a taxa de valorización enerxética aumenta do 13,51% ao 13,90% debido ao emprego de biomasa para xerar enerxía mediante valorización con recuperación de calor.
En total, rexistráronse 478.535,06 toneladas en volume valorizado, 592.198,55 toneladas en volume de residuo, 396.203,79 toneladas en volume de reciclaxe e 82.331,27 toneladas en volume de valorización enerxética.
Ademais, o volume de reutilización aumentou respecto doutros anos. Isto supón a dsminución do volume de reciclaxe, posto que algunhas xestoras baseadas principalmente na recollida, transporte e reciclado dos residuos recibiron menor volume de residuos de envases ou embalaxes de madeira, dándolles as empresas novos usos ou rotacións sen chegar a consideralos refugallos e alongando o seu ciclo de vida útil.
Os promotores do estudo lamentan que a realización do mesmo se vira afectada pola situación extraordinaria producida polo COVID-19, dificultando a recompilación de datos.
Fonte: IDE
Imaxe: Pixabay