- En plena sintonía co Pacto Verde, a Comisión Europea adoptou recentemente unha Estratexia sobre biodiversidade e a Estratexia “da granxa á mesa” que se reforzan mutuamente en prol dun futuro sostible e competitivo, apoiando igualmente a recuperación económica.
Cerceda, a 8 de xuño de 2020.- A crise provocada pola pandemia de COVID-19 demostrou ata que punto nos fai vulnerables a perda de biodiversidade, así como a importancia crucial de contar cun sistema alimentario que funcione correctamente.
A Comisión Europea adoptou recientemente unha Estratexia sobre biodiversidade e unha Estratexia “da granja á mesa” que se reforzan mutuamente, xa que aúnan a natureza, os agricultores, as empresas e os consumidores en prol dun futuro sostible e competitivo. Ambas dan prioridade aos cidadáns no seu compromiso de aumentar a protección do chan e o mar, rexenerar os ecosistemas degradados e facer que a UE lidere a escena internacional, tanto no que se refire á protección da biodiversidade como á creación dunha cadea alimentaria sostible.
A nova Estratexia sobre a biodiversidade, adoptada durante o apoxeo da pandemia de COVID-19, é un elemento central do plan de recuperación da UE e reviste unha importancia crucial para previr e reforzar a resiliencia ante pandemias futuras e brindar oportunidades de negocio e investimento inmediatas a efectos da recuperación da economía da UE.
Pola súa banda, a Estratexia «da granxa á mesa» pretende promover un sistema alimentario equitativo, san e respectuoso co medio ambiente. O seu obxectivo é facilitar a transición a un sistema alimentario sostible da UE que protexa a seguridade alimentaria e garanta o acceso a dietas sas con orixe nun planeta san.
APOIO A A RECUPERACIÓN ECONÓMICA
As accións previstas en materia de protección da natureza, uso sostible e rexeneración aportarán beneficios económicos ás comunidades locais grazas á creación de postos de traballo e crecemento sostibles. Destinaranse 20.000 millóns de euros cada ano á biodiversidade a través de diversas fontes tales como fondos da UE, nacionais e privados.
Como parte fundamental do Pacto Verde Europeo, a pretensión de ambas estratexias é reforzar a resiliencia das nosas sociedades ante futuras ameazas como o impacto climático, os incendios forestais, a inseguridade alimentaria ou os brotes de enfermidades, en particular apoiando prácticas máis sostibles na agricultura, a pesca e a acuicultura, e ocupándose da protección da fauna silvestre e o comercio de especies silvestres.
A Comisión invita ao Parlamento Europeo e ao Consello a aprobar estas dúas estratexias e os seus compromisos.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Pixabay