- O método, promovido por científicos das universidades de Nortwestern e Minesota, elimina eficazmente o aire das escumas de poliuretano, un dos principais obstáculos para a súa reciclaxe en produtos de maior valor engadido.
- A través dun proceso de extrusión de «dobre parafuso», créase un novo material en forma de plástico duro e duradeiro ou de película branda e flexible, para volver a moldear o material.
Cerceda, a 19 de maio de 2020.- Investigadores das Universidades Northwestern e Minnesota, en Estados Unidos, desenvolveron un novo método para a reciclaxe de escumas de poliuretano, o material esponxoso que se utiliza nos colchóns, o illamento, os coxíns ou o calzado. O traballo publicouse o pasado 29 de abril na revista ACS Central Science
O proceso consiste en mesturar os residuos de escuma de poliuretano postconsumo cunha solución catalizadora que permite que a escuma se volva maleable. Acto seguido, e a través dun proceso de extrusión de «dobre parafuso» que elimina o aire da escuma, créase un novo material en forma de plástico duro e duradeiro ou de película branda e flexible, para volver a moldear o material e usalo, por exemplo, na amortiguación de zapatos, correas de reloxos, rodas duras (para carros de compra ou patinetas) e en aplicacións de automoción como parachoques.
Os directores da investigación explican que, mentres que outros tipos de plásticos poden ser fundidos e reciclados, os enlaces químicos da escuma de poliuretano son tan fortes que non se derrite nin en condicións de calor extrema. No mellor dos casos, pódese triturar en fibras sintéticas, que logo son transformadas en alfombras e cepillos.
Outras investigacións para reciclar este material centráronse en comprimir a escuma para eliminar o aire, pero isto deu lugar a materiais gretados ou mesturados de forma desigual. O enfoque que nos ocupa utiliza dous parafusos ciratorios entrelazados para mesturar e remodelar simultáneamente a escuma, o que mellorou a mestura e a eliminación de aire.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay