- A autora da mesma é a empresa española Dríade Soluciones Medioambientais, co apoio científico da Cátedra UNESCO de Ciclo de Vida e Cambio Climático ESCI-UP.
- Propón que a propia reciclabilidade dos envases e a porcentaxe de material que queda dispoñible para un reciclado de calidade, se amose a través de dous tipos de acreditacións: o Certificado e o Selo de Reciclabilidade.
- Esta metodoloxía permite analizar todas as fases de reciclado do envase, incluíndo a etapa de deseño.
Cerceda, a 18 de novembro de 2019.- A empresa española Dríade Soluciones Medioambientales lanzou unha nova metodoloxía, desenvolvida co apoio científico da Cátedra UNESCO de Ciclo de Vida e Cambio Climático ESCI-UP, e presentada en ‘Sustainability in Packaging Europe 2019’, para medir a reciclabilidade real dos envases.
Coa mesma preténdese dar resposta ás aspiracións da estratexia sobre plásticos que a Comisión Europea anunciou en 2018, e que busca implementar novas regras harmonizadas para que, antes de 2030, todos os envases se deseñen para que poidan ser reciclados ou reutilizados e cumpran así os ambiciosos obxectivos de reciclaxe fixados.
ACREDITACIÓNS
Esta metodoloxía propón que a propia reciclabilidade dos envases, é dicir, a capacidade dun envase para lograr que os seus compoñentes se convertan en materiais reciclados, e a porcentaxe de material que queda dispoñible para un reciclado de calidade, se amose a través de dous tipos de acreditacións informativas: o Certificado e o Selo de Reciclabilidad.
O Certificado de Reciclabilidade é unha autodeclaración mediante a cal as empresas fabricantes de envases e/ou empresas envasadoras, poden identificar a porcentaxe de material de envase dispoñible para un reciclado de calidade. E o Selo de Reciclabilidade é a ecoetiqueta voluntaria que as empresas poderán incluír nos envases para mostrar o resultado obtido no Certificado.
VANTAXES PARA EMPRESAS ENVASADORAS E CONSUMIDORES
Desta forma, non só se permitirá aos fabricantes de envases e empresas envasadoras adquirir un coñecemento exhaustivo dos procesos de reciclado, senón que poidan alcanzar os seus compromisos medioambientais e mellorar a reciclabilidade dos seus envases, dando así debido cumprimento ás normativas actuais e futuras, ademais de optimizar o seu posicionamento de mercado ante unha demanda de sostibilidade cada vez máis esixente.
Así mesmo, este aval axudará por primeira vez aos consumidores a identificar mellor os envases máis respectuosos co medio ambiente e exercer o seu dereito de compra responsable.
Esta metodoloxía permite analizar todas as fases de reciclado do envase, incluíndo a etapa de deseño, a fin de obter un material reciclado de calidade. Para isto téñense en conta as diferentes características dos envases como a cor, os materiais ou as dimensións, así como as tecnoloxías actualmente dispoñibles e aplicadas.
Os resultados son revisados pola Cátedra UNESCO de Ciclo de Vida e Cambio Climático ESCI-UPF, para garantir o cumprimento conforme aos criterios contemplados nos procedementos do Selo de Reciclabilidade.
España converteuse así nun dos países punteiros á hora de desenvolver estándares innovadores de reciclabilidad que permitan ás empresas cumprir coas normativas e compromisos ambientais europeos, e certificar a súa contribución á economía circular.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación