- Segundo a AEMA, se ben a xeración de residuos estase a desacoplar do crecemento económico, non hai indicios de que o obxectivo de reducir a xeración total de lixo estea preto de lograrse
- A prevención dos residuos téxtiles ten un gran potencial, principalmente a través da diminución do consumo de téxtiles, o deseño ecolóxico e, en última instancia, a reutilización
Cerceda, a 4 de xaneiro de 2022.- A prevención dos residuos constitúe un punto crave da Estratexia da Unión Europea para transitar cara a unha economía circular, climáticamente neutra e eficiente no uso dos recursos.
Segundo o informe da AEMA (Axencia Europea de Medio Ambiente) “Progreso cara á prevención de residuos en Europa: o caso da prevención de residuos téxtiles”, a xeración de lixo en Europa aumentou un 5,2% entre os anos 2014 e 2018, mentres que o PIB fíxoo nun 14,8%.
Os datos tamén evidencian que a adopción dos primeiros programas de prevención de residuos por países, a partir de 2013 ou antes, non foi suficiente para diminuír a produción dos mesmos, xa que seguen dependendo en gran medida da evolución da economía. Con todo, e en termos xerais, a UE logrou que o seu incremento sexa inferior ao crecemento económico, ou o chamado desacoplamento relativo.
10 dos 32 países examinados pola AEMA non contan cun programa de prevención de residuos, tal e como esixe a lexislación da UE. Así as cousas, faise necesario articular mecanismos para garantir que o lixo diminúa en termos reais nunha economía en crecemento. A adopción de obxectivos concretos, un forte impulsor da formulación de políticas, axudaría a consolidar a política de prevención a nivel nacional e da UE.
RESIDUOS TÉXTILES, CENTRO DE ATENCIÓN
Os residuos téxtiles beneficiaríanse enormemente de medidas melloradas, xa que se trata dun fluxo de rápido crecemento e de impacto ambiental asociado con patróns de consumo insostibles. O europeo medio xera aproximadamente 11 kg de residuos téxtiles por ano.
A prevención ten un gran potencial, principalmente a través da redución do consumo de téxtiles, o deseño ecolóxico e, en última instancia, a reutilización. É por isto que se debe poñer énfase no deseño do produto a fin de promover materiais duradeiros,e débese brindar apoio para a reparación (por exemplo, co uso de exencións fiscais) e a reutilización (por exemplo, a través de regulacións).
Fonte: AEMA
Imaxe: Pexels