- En 2021, cada europeo consumiu unha media de 77 bolsas, é dicir, 11 menos que en 2020
- España sitúase aínda coma o 7º maior consumidor, con 131 bolsas por persoa (29 bolsas lixeiras e 102 moi lixeiras).
Cerceda, a 15 de novembro de 2023.- En 2021, e segundo datos de Eurostat, cada persoa que vive na Unión Europea consumiu unha media de 77 bolsas de plástico lixeiras (LPCB), é dicir, 11 bolsas menos en comparación con 2020.
Respecto das bolsas moi lixeiras, é dicir, aquelas cun espesor de parede inferior a 15 micras, 2021 foi o primeiro ano no que diminuíu o seu consumo. Os habitantes da UE consumiron 12.300 millóns de bolsas de plástico moi lixeiras (VLPCB), menos que en calquera dos anos anteriores (desde que comezou a recompilación de datos en 2018); 14.100 millóns en 2018; 14.500 millóns en 2019; e 14.900 millóns en 2020.
O consumo de bolsa lixeiras, é dicir, de entre 15 e menos de 50 micras de espesor, diminuíu constantemente: de 8.200 millóns en 2018 a 3.500 millóns en 2021.
Todos os países da UE contan agora con medidas de redución do consumo, tal e como esixe a directiva sobre bolsas de plástico, cuxo obxectivo é que o consumo de bolsas lixeiras non supere as 40 por persoa antes do 31 de decembro de 2025. Con todo, este obxectivo non inclúe as moi lixeiras
Entre os países da UE con datos dispoñibles, os que declararon o maior consumo de bolsas lixeiras por persoa en 2021 foron Lituania (271), Letonia (204) e Chequia (189), e a maior parte do consumo referíase ás moi lixeiras.
Noutro extremo da escala, os países que reportaron un menor consumo foron Bélxica (5 bolsas por persoa), Portugal (9) e Suecia (16). En Bélxica, o consumo per cápita de bolsas moi lixeiras foi de 1 bolsa e en Suecia de 2 bolsas. Portugal non informou sobre este extremo.
Pola súa banda, España sitúase aínda como o 7º maior consumidor, con 131 bolsas por persoa en 2021 (29 bolsas lixeiras e 102 moi lixeiras).
A ampla variación observada no consumo per cápita pódese atribuír principalmente a diferenzas na eficacia das medidas, dependendo de factores económicos, sociais e de políticas. Outra razón é que algúns países introduciron medidas de redución do consumo durante o período 2018-2021, pero outros as aplicaron por máis tempo. Unha terceira posible explicación son as diferentes metodoloxías de cálculo empregadas.
Fonte e imaxe: Eurostat