- Segundo datos de Ecotic, o 68% dos RAEE de orixe doméstica que financia e xestiona, recuperouse a través dos centros de distribución, fronte a un 32% recollido a través dos puntos limpos municipais e instalacións homólogas.
- Malia a pandemia, Ecotic xestionou en 2020 un total de 114.800 toneladas de RAEE, entre residuos do ámbito doméstico (104.025 toneladas) e de ámbito profesional (10.775 toneladas), o que supón un incremento do 2,8% respecto a 2019 e un novo máximo histórico nos seus resultados.
Cerceda, a 20 de xullo de 2021.- Un ano máis, os comercios de distribución de aparellos eléctricos e electrónicos consolídanse como principal canle de recollida de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).
Segundo datos de Ecotic, o 68% dos RAEE de orixe doméstica que financia e xestiona, recuperouse a través dos centros de distribución, fronte a un 32% recollido a través dos puntos limpos municipais e instalacións homólogas nas distintas Comunidades Autónomas.
Malia o abrupto cese da actividade dos establecementos de distribución de electrodomésticos e o peche xeneralizado dos puntos limpos debido á declaración do estado de alarma pola pandemia de Covid-19, a reactivación da actividade impulsou a rápida recuperación dos niveis de recollida e logrouse alcanzar unhas cifras mesmo lixeiramente superiores ás do exercicio anterior.
Ecotic xestionou en 2020 un total de 114.800 toneladas de RAEE, entre residuos do ámbito doméstico (104.025 toneladas) e de ámbito profesional (10.775 toneladas), o que supón un incremento do 2,8% respecto a 2019 e un novo máximo histórico nos seus resultados.
Das 104.025 toneladas de RAEE procedentes do ámbito doméstico, 70.770 toneladas (68%) recolléronse a través do canle distribución: grandes aparellos electrodomésticos (43,3%), aparellos de intercambio de temperatura e refrixeradores (39,5%), e aparellos electrónicos de consumo (9,6%), maioritariamente televisores, monitores e pantallas.
Outro aspecto a destacar é que en torno ao 3% dos residuos recuperados a través da distribución puidéronse canalizar cara a procesos de preparación para a reutilización, unha práctica fundamental coa que contribuír á consolidación dun modelo de economía circular.
Ao longo da última década, Ecotic recuperou preto de 12.000 toneladas de RAEE destinadas a procesos de preparación para a recuperación.
O acceso privilexiado ao residuo por parte da distribución posiciona ao sector como un actor estratéxico na protección ambiental e o impulso da economía circular a través da adecuada canalización dos RAEE.
SOBRE ECOTIC
Ecotic é unha organización privada de natureza fundacional, sen ánimo de lucro, cuxa constitución foi promovida polas principais empresas do sector da electrónica de consumo.
A súa principal actividade é a correcta xestión dos RAEE das empresas e entidades adheridas ao seu Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor ( SCRAP), dando resposta aos requisitos legais que os produtores e distribuidores de aparellos eléctricos e electrónicos deben cumprir.
Fonte: Ecotic