- María Neira, directora do Departamento de Saúde Pública e Medio Ambiente da OMS, foi galardoada como ‘Personalidade Ambiental Ecovidrio’, dado o seu destacable liderado na visibilización da relación entre o coidado da contorna e a incidencia na saúde das persoas.
- Pola súa banda, o CSIC foi recoñecido na categoría de ‘Maior Impacto” con motivo do seu constante labor de investigación sobre vías de mitigación dos efectos do cambio climático e para a preservación do medio ambiente.
- O ‘Premio Especial #Ecólatras’ foi outorgado a toda a cadea do reciclado de vidro.
Cerceda, a 3 de decembro de 2020.- Esta semana entregáronse os galardóns correspondentes á XXI Edición do Premios Ecovidrio nun acto celebrado de forma virtual e conducido por Martín Barreiro.
María Neira, directora do Departamento de Saúde Pública e Medio Ambiente da Organización Mundial da Saúde (OMS), foi galardoada como ‘Personalidade Ambiental Ecovidrio’, dado o seu destacable liderado na visibilización da relación entre o coidado da contorna e a incidencia na saúde das persoas.
Pola súa banda, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) foi recoñecido na categoría de ‘Maior Impacto” polo seu constante labor de investigación sobre vías de mitigación dos efectos do cambio climático e para a preservación do medio ambiente.
O Premio Especial #Ecólatras’ recaeu en toda a cadea do reciclado de vidro, valorando así o constante compromiso da mesma por mellorar a taxa de reciclado dos envases de vidro e promover hábitos de vida sostibles.
ÁMBITO XORNALÍSTICO
O obxectivo dos premios no ámbito xornalístico é promover e recoñecer a divulgación de valores medioambientais e do reciclado, xa que só a través da información, a sensibilización e a chamada á acción é posible xerar hábitos que permitan construír un futuro máis sostible para todos.
En canto aos medios de comunicación galardoados, nesta edición recibíronse case 70 candidaturas, entre as cales o xurado seleccionou aos seguintes gañdores:
- Categoría de Prensa. O premio foi para Manuel Planelles e Juan Antonio Aunión, pola reportaxe “Cume do clima. CO2, así se acumula na atmosfera o principal gas de efecto invernadoiro que está causando a crise climática”, publicado por El País.
- Categoría de Televisión. Luis de la Rosa e Verónica Palomares fixéronse co galardón pola reportaxe “As Táboas de Daimiel ao bordo do abismo”, emitido pola Sexta Noticias.
- Categoría de Radio. Premio para Miguel Aguado pola reportaxe “Eco Domingueros. Como facer as saídas ao campo do fin de semana máis respectuosas co medio ambiente”, emitido por Onda Madrid no rograma Bos Días Madrid.
- Categoría Iniciativa Dixital. O galardón foise para a aplicación The Planet App, unha iniciativa que busca a redución do 20% da pegada de carbono dos usuarios.
Fonte e imaxe: Ecovidrio