- Así reza o lema do Día Mundial dos Humidais 2023, que se celebra hoxe mesmo, sendo o seu obxectivo concienciar ao mundo sobre o papel vital que estes teñen para as persoas e o planeta
- Máis do 35 % dos humidais a nivel mundial degradáronse ou perdéronse desde 1970 e a súa perda ten lugar tres veces máis rápido que os bosques
Cerceda, a 2 de febreiro de 2023.- Hoxe conmemórase o Día Mundial dos Humidais co obxectivo de concienciar ao mundo sobre o papel vital que estes teñen para as persoas e o planeta.
Baixo o lema “É hora de restaurar os humidais”, faise un chamamento directo á urxencia de levar a cabo acciones de restauración, pois máis do 35 % dos humidais do mundo degradáronse ou perdéronse desde 1970 e a súa perda ten lugar tres veces máis rápido que os bosques. É por iso que esta efeméride fai un chamamento a toda unha xeración para que adopte medidas orientadas a revitalizar e restaurar os humidais degradados.
Neste sentido, non debe esquecerse que os humidais son ecosistemas de importancia crítica que contribúen á biodiversidade, a mitigación do cambio climático e a adaptación ao mesmo, a dispoñibilidade de auga doce, as economías mundiais e moito máis.
Como é habitual, a Secretaría do Convenio de Ramsar deseñou unha campaña divulgativa e recursos de comunicación específicos para publicitar e visibilizar esta efeméride (carteis, folletos divulgativos, deseños para camisetas, etc.), que se atopan dispoñibles no sitio web especificamente creado para tal fin https://www.worldwetlandsday.org/es/home
Nesta páxina tamén se habilitaron espazos para escribir notas breves en relación con accións nos humidais (pestana Promesas), para xeorreferenciar eventos e celebracións do DMH (pestana Eventos: mapa mundial de eventos) e para publicar fotografías (pestana Fotos).
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pexels