- En colaboración cos fabricantes de iluminación, esta entidade emprendeu un proxecto pioneiro que ten como obxectivo coñecer o índice de reciclabilidade das luminarias novas para confirmar que os índices teóricos calculados na fase de deseño, conséguense nas plantas de tratamento
Cerceda, a 3 de agosto de 2022.- A Fundación Ecolum xestionou 4.800 toneladas de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) en 2021. Desta cantidade, máis do 70% proviñan de recollidas da canle profesional: grandes instaladoras, empresas de obra e reformas, distribuidores de material eléctrico, etc.
En colaboración cos fabricantes de iluminación, esta entidade emprendeu un proxecto pioneiro que ten como obxectivo calcular o índice de reciclabilidade das luminarias novas para comprobar que os índices teóricos estimados na fase de deseño, conséguense nas plantas de tratamento.
Desde que comezara a súa actividade en 2005, a Fundación confirmou que, de media, o 90% dos compoñentes dunha luminaria son reciclados. O labor de Ecolum, dando soporte técnico e xestionando RAEE, reflicte o alto grao de tecnificación, ecodeseño e compromiso do sector eléctrico co medio ambiente: cada vez máis toneladas de RAEE correctamente recicladas, máis puntos de recollida por toda España e unha rede que vai en aumento ano tras ano para que os cidadáns, instaladores e distribuidores poidan xestionar os seus residuos adecuadamente, sempre en colaboración coa Administración Pública.
A Fundación Ecolum valora tamén a recente aprobación da Lei de Residuos 7/2022, ao poñer o foco na recollida separada de novos refugallos no ámbito da Responsabilidade Ampliada do Produtor (RAP), feito que consolida o modelo de xestión co que vén traballando desde a súa creación, ou na prohibición da destrución dos excedentes de aparellos eléctricos e electrónicos non vendidos, o que promove a economía circular, sendo o punto de partida do proxecto “Circular Place” que Ecolum está a potenciar xunto con outras entidades como solución para os stocks non vendidos de produtores-fabricantes, distribuidores, etc.
A aposta pola economía circular, o ecodeseño e a reparabilidade, súmanse a un maior control do que se vende, tanto en tendas físicas como por Internet, estando tamén estes e-commerce obrigados a asumir a súa responsabilidade como produtores de aparellos eléctricos e electrónicos para financiar e, no seu caso, organizar, a xestión dos residuos que se xeran ao final da súa vida útil.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pexels