- Está orientado exclusivamente aos clubs e escolas de vela adscritos á Grímpola Ecomar 2021.
- O obxectivo desta iniciativa, que arrinca mañá, 1 de xullo, estando en vigor ata o 31 de agosto, é que os membros de cada club recollan a maior cantidade de pilas posible e as depositen nos contedores que Ecopilas ten en cada centro a fin de propiciar a súa reciclaxe.
Cerceda, a 30 de xuño de 2021.- Do mesmo xeito que en anos anteriores, a Fundación Ecomar e Ecopilas lanzan o concurso ambiental “Ponte las Pilas y Recicla”.
Orientado exclusivamente aos clubs e escolas de vela adscritos á Grímpola Ecomar 2021, o obxectivo desta iniciativa é que os membros de cada club recollan a maior cantidade de pilas posible e as depositen nos contedores que Ecopilas ten en cada centro, propiciando o seu posterior reciclado e, polo tanto, evitando que este residuo constitúa un potencial foco de contaminación.
Este certame constitúe tamén unha forma de impulsar a concienciación da poboación na xestión sostible de residuos e dar visibilidade á estreita conexión entre a práctica deportiva e a protección ambiental.
A iniciativa arrinca mañá, 1 de xullo, e chegará ao seu fin o 31 de agosto. Desde Ecomar realizarase o seguimento e a difusión de concurso, motivando á participación de todos os socios e alumnos das escolas de náutica.
O club que máis pilas recolla en peso, será gañador de atractivos premios. O primeiro recibirá 50 chalecos salvavidas e unha vela para. O segundo, 35 chalecos salvavidas e, o terceiro, 25.
PILA A PILA IMOS A MALLORCA
Paralelamente, do 29 de xullo ao 12 de agosto, a Fundación Ecomar levará a cabo un sorteo que, baixo o título «Pila a Pila imos a Mallorca», diríxese exclusivamente aos seus seguidores, e aos de Recyclia, en redes sociais. O galardón: unha viaxe a Mallorca e un bautismo de mar, así como unha maleta e unha mochila Samsonite.
O único requisito é ser seguidor de @FundacionEcomar e @recyclia, dar Gústame á publicación e etiquetar a 2 amigos e a un Centro Grímpola Ecomar.
Fonte e imaxe: FuturEnviro