- Entidades como AIMPLAS, ANAIP, ANARPLA, AVEP, CICLOPLAST e PlasticsEurope, traballan en colaboración coa industria dos plásticos a fin de levar a cabo proxectos de I+D+i que melloren a sostibilidade dos produtos e permitan a transformación de residuos en recursos.
- É o caso das tecnoloxías de reciclado avanzadas que permiten á industria recuperar os filmes impresos e envases que tiveran contido produtos perigosos ou ben a construción de tramos de estrada asfaltados cunha mestura conformada por refugallos de tapóns, envases, perchas e pneumáticos.
- As seis entidades referenciadas destacan a adecuación dos plásticos á economía circular pola súa capacidade para ser reciclados, para conservar os alimentos en bo estado e pola súa función en ámbitos como os da sanidade, a seguridade, a construción ou o transporte, entre outros.
Cerceda, a 12 de xuño de 2019.- Entidades como AIMPLAS, ANAIP, ANARPLA, AVEP, CICLOPLAST e PlasticsEurope, traballan en colaboración coa industria dos plásticos a fin de levar a cabo proxectos de I+D+i que melloren a sostibilidade dos produtos e permitan a transformación de residuos en recursos.
Os avances no sector xa son notables. É o caso das tecnoloxías de reciclado de última xeración que permiten á industria recuperar os filmes impresos e envases que tiveran contido produtos perigosos para recuperalos posteriormente ou ben a posibilidade de construír tramos de estrada asfaltados cunha mestura conformada por refugallos de tapóns, envases, perchas e pneumáticos que ofrece maior resistencia que o asfalto convencional.
Así mesmo, trabállase para incorporar material reciclado en envases alimentarios co fin de adecualos ás esixentes medidas de seguridade que requiren estes produtos; un novo escenario no que as tecnoloxías avanzadas de reciclado ofrecen grandes posibilidades, visualizándose o reciclado químico, a través do cal pódese obter de novo materias primas, como opción complementaria para obter produtos máis circulares. E todo isto en perfecta sintonía coa Estratexia Europea de Plásticos, que aposta firmemente pola reutilización, a reciclaxe e, por suposto, polo uso de material reciclado.
A pesar do esforzo realizado, o lixo abandonado no mar e noutras contornas naturais limita en certa medida a posibilidade de que os índices de recuperación sexan os desexados. De aí a necesidade de que a administración, a través da dotación das infraestruturas necesarias, e os cidadáns, mediante a colaboración e o correcto depósito do lixo nos contedores diferenciados habilitados para tal fin, participen no sistema con maior efectividade e garantías. Os residuos plásticos que acaban no mar constitúen un problema que debe ser solventado desde a responsabilidade compartida.
MULTIFUNCIONAL
Non cabe dúbida de que os plásticos fixeron grandes achegas á humanidade polo seu menor peso, gran resistencia, seguridade e flexibilidade, facilitando igualmente a hixiene e esterilidade en contornas hospitalariss.
A través dos seus decálogos #NoCulpesAlPlástico e #DiseñadosParaProteger, as seis entidades referenciadas destacan a adecuación dos plásticos á economía circular pola súa capacidade para ser reciclados, para conservar os alimentos en bo estado e polo súa lixeireza, resultando esenciais en ámbitos tales como a sanidade, a seguridade, a construción ou o transporte, entre outros.
Fundada en 1957, ANAIP é a Asociación a nivel nacional que agrupa ás empresas que traballan no sector da transformación de plásticos, contando con máis de medio milleiro de compañías adscritas e máis de 33.000 empregados representados.
Fonte: ANAIP
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación