- Lanzado por Cicoplast, está pensado para os centros de Educación Primaria de toda España, fundamentalmente para estudantes de 3º a 6º curso.
- O xogo desenvólvese por equipos, nun escenario virtual ao que se accede tras rexistrarse na páxina ecoplastika. com, coa particularidade de que, se a aula non dispón de conexión a Internet, pódese descargar en calquera computador.
Cerceda, a 15 de decembro de 2020.- Cicloplast vén de crear Ecoplástika, un xogo en liña gratuíto a través do cal pretende transmitir a importancia da reciclaxe de plásticos.
Está orientado a estudantes de 3º a 6º curso de Educación Primaria. Desenvólvese por equipos, nun escenario virtual ao que se accede tras rexistrarse na páxina ecoplastika. com, coa particularidade de que, se a aula non dispón de conexión a Internet, pódese descargar en calquera computador.
O profesor actúa como dinamizador do xogo, para o cal Cicloplast proporciona unha explicación da operativa do mesmo, un documento coas preguntas e respostas (máis de 90), argumentando estas últimas, e todo isto acompañado por material divulgativo de apoio que facilite o labor docente.
Cada equipo responderá ás preguntas que se lle formulen elixindo entre catro opcións e, o que supere a primeira fase, será o encargado de desafiar a Ecoplástika, icona do taller, na gran final. A pretensión é que a actividade se converta nun exercicio de traballo pedagóxico e, ao mesmo tempo, divertido.
SOBRE CICLOPLAST
É unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1996 polos industriais do sector dos plásticos para impulsar a prevención e a reciclaxe de plásticos ao final da súa vida útil.
Esta organización deseña e implanta proxectos de I+D+i vinculados á circularidade dos plásticos, leva a cabo actividades de educación e sensibilización ambiental, e promove o intercambio de coñecementos a nivel internacional no marco da asociación europea EPRO (European Association of Plastics Recycling & Recovery Organizations).
Fonte e imaxe: Cicloplast