- Segundo a Fundación, este resultado foi posible grazas á elevada fidelización das preto de 700 empresas e entidades adheridas ao SCRAP, que permitiron manter unha cota de mercado estable, así como un crecemento do 6% na rede de recollida, que aglutina 11.144 puntos de recollida no conxunto do territorio nacional.
Cerceda, a 4 de marzo de 2020.- A Fundación Ecotic, Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) para a reciclaxe de RAEE, xestionou durante o ano 2019 un total de 111.489 toneladas de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, cifra que representa un incremento do 14% sobre os datos do exercicio anterior.
Este resultado, segundo ECOTIC, foi posible grazas á elevada fidelización das preto de 700 empresas e entidades adheridas a este SCRAP, que permitiron manter unha cota de mercado estable, así como a un crecemento do 6% na rede de recollida, que aglutina 11.144 puntos de recollida no conxunto do territorio nacional.
Os residuos procedentes do ámbito doméstico experimentaron un crecemento do 12%, ata alcanzar as 102.166 toneladas, se ben o maior incremento produciuse nos refugallos do ámbito profesional, que se elevaron ata as 9.323 toneladas, o que supón un 41% máis que en 2018.
O 69% das recollidas articuláronse a través da distribución, que se consolidou como unha das maiores canles de recollida, en liña co 68% rexistrado en 2018.
Pola súa banda, 3.000 toneladas destináronse á preparación para a reutilización, cifra que equivale a aproximadamente o 3% do total de RAEE procedentes do ámbito doméstico, e supón un incremento do 18% respecto a 2018.
Na categoría correspondente aos aparellos de informática e telecomunicacións pequenos, a porcentaxe destinada a preparación para a reutilización situouse no 8,3% do total de aparellos recollidos na devandita categoría, porcentaxe que supera con creces o obxectivo do 4% establecido polo Real Decreto 110/2015.
As perspectivas de futuro de Ecotic, segundo o seu director xeral, Andreu Vilà, son “seguir traballando en medidas que permitan aumentar as cantidades de RAEE recollidas, especialmente en residuos de difícil acceso, como os teléfonos móbiles ou os aparellos de aire acondicionado”, ao que engadiu que “desde Ecotic, seguiremos mantendo a nosa aposta por ser colaboradores estratéxicos para a distribución e os instaladores, intensificando as accións de sensibilización que contribúan a implicar á sociedade en xeral e aos colectivos profesionais en lograr que a reciclaxe electrónica se convertar¡ nun dos alicerces da transición cara a un modelo de economía circular”.
Fonte: Ecotic
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación