- Esta cantidade supón un crecemento do 7% en relación a 2020 e supera, por terceiro ano consecutivo, a simbólica cifra das 100.000 toneladas.
- A entidade xestionou un total de 110.314 toneladas procedentes do ámbito doméstico, cun incremento do 6%; pola súa banda, os residuos do ámbito profesional rexistraron un maior crecemento, do 16%, ata alcanzar as 12.527 toneladas.
- A distribución consolidouse como a principal vía de canalización de residuos, xa que supuxo o 56% do volume total de RAEE recollidos.
Cerceda, a 2 de marzo de 2022.- ECOTIC xestionou en 2021 un total de 122.841 toneladas de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) a través do seu Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP). Esta cantidade supón un crecemento do 7% en relación a 2020 e supera, por terceiro ano consecutivo, a simbólica cifra das 100.000 toneladas.
A entidade logrou xestionar un total acumulado de 1.069.500 toneladas desde o inicio do seu labor, no ano 2005, consolidándose como un dos principais sistemas a nivel de toda Europa.
Por orixe do residuo, xestionou un total de 110.314 toneladas procedentes do ámbito doméstico, cun incremento do 6% en referencia ao exercicio precedente. Os residuos do ámbito profesional rexistraron un maior crecemento, do 16%, ata alcanzar as 12.527 toneladas, mantendo a tendencia dos últimos anos.
En canto á orixe das recollidas, de novo a distribución consolidouse como a principal vía de canalización de residuos, xa que supuxo o 56% do volume total de RAEE recollidos. Pola súa banda os puntos limpos e instalacións homólogas representaron o 27%, mentres que o 17% restante recolleuse desde outras orixes como instaladores, servizos técnicos, empresas ou xestores de residuos, entre outros.
Durante o 2021 puido destinar a procesos de preparación para a reutilización un total de 1.735 toneladas de RAEE, sumando máis de 6.700 toneladas durante os tres últimos exercicios.
Andreu Vilà, director xeral de ECOTIC, salientou, entre outras cuestións, "a importancia de iniciativas como 'Dixitalización Sostible', que impulsan con fins solidarios xunto á Fundación CEOE e os SCRAP da Oficina de Coordinación OfiRaee".
Durante a súa primeira edición, desenvolvida durante 2021, esta campaña logrou recoller preto de 5.000 equipos e compoñentes informáticos grazas a doazóns de empresas, autónomos e entidades de toda España.
O 55% destes equipos puido destinarse a reutilización co fin de contribuír a reducir a fenda dixital mediante unha segunda vida a beneficio de preto de 16.000 menores, persoas maiores e outros colectivos en risco de exclusión.
SOBRE ECOTIC
A principal actividade de ECOTIC é a correcta xestión dos RAEE das empresas e entidades adheridas ao seu SCRAP, dando resposta aos requisitos legais que os produtores e distribuidores de aparellos eléctricos e electrónicos deben cumprir.
A xestión que esta organización fai dos RAEE garante, non só a súa axeitada reciclaxe, senón que esta se realice da forma máis eficaz e economicamente razoable, optimizando os recursos destinados ao financiamento do proceso e logrando deste xeito que o sistema sexa sostible e perdurable no tempo.
Fonte: ECOTIC
Imaxe: Pexels