- O seu Plan Estratéxico contempla un reforzo dos servizos e o equipo de ata o 300% para ofrecer á industria que envasa en vidro unha resposta única para os seus envases domésticos, comerciais e industriais de todos os materiais.
Cerceda, a 14 de novembro de 2024.-Ecovidrio presentou o seu novo Plan Estratéxico 2025-2030, no que compromete un investimento de 743 millóns de euros para alcanzar, con 3 anos de antelación, os obxectivos de taxa de reciclaxe de envases de vidro que establece a lexislación en 2027, e superar o 80% en 2030, cinco puntos por riba do que esixe Europa para esta data.
Grazas ao compromiso e o financiamento das case 6.000 empresas que envasan os seus produtos en vidro no noso país, Ecovidrio prevé investir unha media de máis 120 millóns de euros para a posta en marcha de 12 iniciativas e máis de 60 liñas de acción ao longo do próximos seis anos. Do total do investimento, o 90% destinarase ao incremento dos volumes de residuos recuperados a través do contedor verde, de sistemas de recollida innovadores e, de forma complementaria e adicional, das plantas de residuos urbanos.
Como consecuencia do seu posicionamento como único SCRAP do mercado que controla as operacións sobre o terreo, Ecovidrio é pioneiro en Europa na aplicación de tecnoloxía innovadora, análise de datos e intelixencia artificial para a recuperación dos residuos de envases. A súa folla de roteiro porá especial énfase na procura de solucións de mobilización e despregamento de infraestruturas de recollida, tanto para cidadáns como para hostalería, adaptadas mesmo á realidade sociodemográfica e urbanística de cada barrio ou sección censual.
As empresas envasadoras deben facer fronte a crecentes obrigacións legais en materia de sostibilidade dos seus envases. O Plan Estratéxico de Ecovidrio contempla un reforzo dos servizos e o equipo de ata o 300% para ofrecer á industria que envasa en vidro unha resposta única para os seus envases domésticos, comerciais e industriais de todos os materiais. Deste xeito, Ecovidrio vai incrementar o catálogo de servizos de valor ofrecidos en materia de ecodeseño, asesoramento lexislativo e formación; así como novas ferramentas destinadas á simplificación e automatización de trámites e de reporte á administración, entre outros.
A estreita colaboración coa administración pública continuará sendo un piar fundamental desta folla de roteiro. Nesta liña, o novo plan busca fomentar unha maior corresponsabilidade por parte da administración, da cidadanía e do sector hostaleiro para dar o salto en materia de circularidade que España necesita.
Así mesmo, o plan mantén o compromiso de Ecovidrio coa transparencia e reforzará os seus mecanismos de xestión de datos para asegurar a todos