- Así o afirmou Ellen MacArthur, fundadora e presidenta do consello de administración da Fundación que leva o seu nome.
- Esta organización e o PNUMA publicaron o Informe de Progreso do Compromiso Global 2021.
- No mesmo móstrase que os principais produtores de envases reduciron nun 20% o uso de plástico virxe, pero falta ambición para substituír os envases dun só uso por formatos reutilizables.
Cerceda, a 14 de decembro de 2021.- Tres anos despois de lanzar o Compromiso Global da Nova Economía do Plástico, a Fundación Ellen MacArthur e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) publicaron o Informe de Progreso do Compromiso Global 2021.
As marcas e os minoristas asinantes do Compromiso Global diminuiron colectivamente o seu consumo de plástico virxe nos envases por segundo ano consecutivo; unha traxectoria que se verá acelerada polos novos compromisos que prevén que o uso de plástico virxe se reduza en case un 20% en termos absolutos para 2025, en comparación con 2018.
O establecemento dun obxectivo de redución converteuse en obrigatorio para os 63 signatarios do Compromiso Global de marcas e minoristas en 2021. Combinado co impacto dos compromisos xa existentes, estímase que aumentar as ambicións a este nivel evitará que se produzan 8 millóns de toneladas de plástico virxe cada ano para 2025. Isto equivale a manter 40 millóns de barrís de petróleo baixo terra.
Pero, aínda que esta redución do plástico virxe é unha tendencia positiva, os avances actuais e previstos baséanse en gran medida no cambio de plástico virxe a plástico reciclado. E isto é só unha parte da solución, que non aborda a cantidade total de envases de plástico no mercado.
Menos do 2% dos envases de plástico dos asinantes do Compromiso son reutilizables, e para máis da metade dos asinantes, esta porcentaxe é do 0%. Por iso, a Fundación Ellen MacArthur cre que hai que centrarse moito máis na eliminación dos envases dun só uso.
«A reciclaxe non nos vai a sacar da contaminación por plástico, a eliminación dos envases dun só uso é unha parte vital da solución», afirma Ellen MacArthur, fundadora e presidenta do consello de administración da entidade que leva o seu nome.
«Necesitamos centrarnos de forma moito máis urxente na innovación previa para reformularnos como subministrar produtos sen envases ou utilizando envases reutilizables», ao que engade. «Isto non só nos permite planear a eliminación dos residuos, senón que tamén podemos planear a eliminación das emisións de carbono e crear novas oportunidades para as empresas. Pasar o 20% dos envases de plástico dun só uso á reutilización é unha oportunidade cuxo valor se estima en 10.000 millóns de dólares».
Un tratado da ONU sobre a contaminación por plásticos podería garantir que toda a industria e todos os gobernos avancen á escala e o ritmo necesarios. A UNEA 5.2, que se celebrará en febreiro de 2022, é o momento crucial, no que os gobernos decidirán os próximos pasos, incluíndo o inicio dunha negociación intergobernamental para un acordo global.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Fundación Ellen MacArthur