- Así se recolle no segundo informe de progreso relativo ao Compromiso Global pola Nova Economía do Plástico, publicado recentemente pola Fundación Ellen MacArthur e o PNUMA.
- O documento mostra que houbo un avance significativo en dúas áreas clave: a incorporación de contido reciclado nos envases de plástico e a eliminación gradual dos elementos problemáticos identificados con maior frecuencia.
- Non obstante, advirte que se debe facer moito máis e a maior velocidade para lograr os obxectivos do compromiso para 2025 e abordar a contaminación por plásticos.
Cerceda, a 18 de novembro de 2020.– Recentemente, a Fundación Ellen MacArthur e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) publicaron o seu segundo informe anual de progreso do Compromiso Global por a Nova Economía do Plástico, con datos detallados sobre os avances das empresas e gobernos sinatarios.
O informe mostra que houbo un avance significativo en dúas áreas clave: a incorporación de contido reciclado nos envases de plástico e a eliminación gradual dos elementos problemáticos identificados con maior frecuencia, como os envases de poliestireno e PVC, así coma os pigmentos negros indetectables e as bolsas de plástico e sorbetes dun só uso. Non obstante, aínda quedan accións por levar a cabo.
Houbo un progreso limitado no aumento da reciclabilidade dos empaquetados plásticos e na redución total da necesidade de envases dun só uso. O cambio cara a envases reutilizables é limitado e os esforzos de eliminación seguen centrados nun conxunto relativamente pequeno de materiais e formatos.
Tamén hai diferenzas significativas no nivel de progreso dos distintos sinatarios. Mentres algúns deron grandes pasos, outros mostraron pouco ou ningún avance con respecto aos obxectivos cuantitativos.
PRINCIPAIS PROGRESOS
- O contido reciclado en envases de plástico creceu un 22% interanual, ata 6,2% en promedio para os sinatarios de produtos empacados e minoristas. E o 31% destes, teñen agora obxectivos establecidos para reducir o plástico virxe nos empaquetados ou eliminarlos por completo.
- Os esforzos de eliminación seguen centrados nun conxunto relativamente pequeno de materiais e formatos, e concrétanse principalmente mediante a substitución por outros plásticos ou papel, ou a través do alixeiramento (diminuír o grosor, por exemplo), en lugar de reducir a necesidade dos empaquetados dun só uso no seu conxunto.
- Os envases reutilizables aumentaron levemente con respecto ao ano anterior (en 0,1 puntos porcentuais) e mantéñense en apenas 1,9% para os sinatarios de produtos empacados e minoristas, mentres que se observa un aumento adicional nas actividades piloto de reutilización.
Fonte: ONU Medio Ambiente