- Así o asegura EcoVadis, o provedor de cualificacións de sostibilidade empresarial con máis credibilidade do mundo.
- Por ámbitos, as pemes do noso país sitúanse por riba da media mundial no ámbito do traballo e os dereitos humanos. Non obstante, as compras sostibles continúan a ser unha asignatura pendente.
Cerceda, a 28 de setembro de 2020.- EcoVadis, o provedor de cualificacións de sostibilidade empresarial con máis credibilidade do mundo, publicou a cuarta edición anual do seu Índice de risco e rendemento de sostibilidade empresarial.
O informe inclúe datos das avaliacións das cadeas de subministración globais, cunha análise das puntuacións en sostibilidade de máis de 40.000 empresas durante o período comprendido entre 2015 e 2019.
Algúns dos resultados máis destacados a nivel mundial conclúen que.as cadeas de subministración eran extremadamente vulnerables antes da crise da COVID-19; que as empresas norteamericanas son líderes ao informar sobre emisións de CO2, pero Europa encabeza a aplicación de medidas; e que as compras sostibles seguen rezagadas, o que representa unha oportunidade perdida para impulsar o valor e crear resiliencia no seguinte nivel da cadea.
EcoVadis cualifica ás organizacións segundo 21 criterios de sostibilidade en catro aspectos: medio ambiente, condicións laborais e dereitos humanos, ética, e compras sostibles. As puntuacións varían nunha escala de 0 a 100. Puntuar por baixo de 25 representa un risco alto, entre 25 e 44 supón un risco medio, por riba de 45 indica un bo rendemento, e superar 64 considérase avanzado. No Índice deste ano, o 57% das empresas alcanzaron puntuaións de 45 ou máis, o que representa un incremento do 7% respecto dos tres anos anteriores.
As empresas españolas melloraron a súa puntuación de forma constante desde 2017. Tanto as pemes como asgrandes corporacións rexistran unha cualificación media superior aos 45 puntos. As pemes obteñen unha puntuación de 50,1 en España fronte ao 50,9 en Europa, e as grandes empresas 50,5 puntos, achegándose aos 51,9 puntos da media europea.
As pequenas e medianas empresas españolas melloraron a súa puntuación media en 6 dos 9 sectores avaliados por Eco Vadis. Industria avanzada (+4,27), Alimentación e bebidas (+3,95) e Industria lixeira (+2,82) son os que máis melloraron. Só as TIC, o transporte e a construción retrocederon lixeiramente nos seus resultados no período 2017-2019.
Por ámbitos, as pemes españolas sitúanse por riba da media mundial (49,5 puntos) no ámbito do traballo e os dereitos humanos, cun resultado de 52,6 puntos. Con todo, as compras sostibles son unha asignatura pendente para as empresas, que rexistran unha puntuación inferior a 45 en todasas categorías excepto alimentación e bebidas (47,2 puntos).
Fonte e imaxe: Compromiso RSE