- Algunhas das firmas máis destacadas do sector, con 250 millóns de usuarios activos, anunciaron unha serie de accións ambientais que integrarán en xogos en vivo como Subway Surfers, Angry Birds 2 e Golf Clash.
- A Alianza Playing for the Planet (Xogando polo planeta), promovida polo PNUMA, apoiou o Green Mobile Game Jam, cuxos organizadores esperan que a aprendizaxe compartida e as novas prácticas representen un punto de inflexión para o pensamento ecolóxico no deseño de xogos para unha audiencia masiva.
Cerceda, a 2 de setembro de 2020.– Algunhas das empresas máis importantes da industria dos videoxogos móbiles, con 250 millóns de usuarios activos, anunciaron unha serie de accións ambientais que integrarán en xogos en vivo como Subway Surfers, Angry Birds 2 e Golf Clash.
A Alianza Playing for the Planet (Xogando polo planeta), promovida polo PNUMA, apoiou o Green Mobile Game Jam, cuxos organizadores agardan que a aprendizaxe compartida e as novas prácticas representen un punto de inflexión para o pensamento ecolóxico no deseño de xogos para unha audiencia masiva.
Con tal fin, na páxina de Green Game Jam detállanse as accións a implementar:
- MAG Interactive levará a cabo eventos temáticos de concienciación e plantación de árbores nos seus xogos WordBrain e WordBrain2.
- Sybo lanzará unha parada na xira mundial en Subway Surfers na que se pedirá á comunidade actuar na primeira liña da crise climática.
- Space Ape educará aos xogadores sobre os beneficios da enerxía renovable a través do seu xogo Transformers: Earth Wars.
- WildWorks introduciu novas opcións de enerxía renovable, como a solar e a eólica, que recompensan aos xogadores con créditos ecolóxicos especiais e desbloqueos no xogo Animal Jam.
- Playdemic buscará educar e inspirar a millóns de xogadores móbiles no seu xogo Golf Clash.
- Fingersoft agregará estacións de recarga con paneles solares en Hill Climb Racing 2.
- Rovio organizará dous eventos dentro de Angry Birds 2 en torno á reforestación e compartirá vínculos cos xogadores onde poderán aprender máis sobre como poden contribuír á mesma.
- Pixelberry deseñará un novo libro en Choices que tratará sobre dúas irmás que crean conciencia sobre o cambio climático logo de que o negocio pesqueiro da súa familia se ve afectado por unha importante mortandade de peixes.
- Creative Mobile apoiará a restauración de biodiversidade a través de eventos especiais para recaudar fondos para Wolf Conservation Trust no seu xogo Zoocraft: Animal Family.
- Future Games of London está dando a coñecer o derretemento do xeo polar cunha nova actualización en Hungry Shark World chamada Extinción Ártica.
- GameDuell proporcionará aos xogadores de Belote.com información práctica sobre sostibilidade que poden utilizar na súa vida diaria.
As temáticas abordadas van desde o cambio climático, a reforestación e a restauración da natureza, ata a educación sobre enerxías renovables.
Os participantes de Green Game Jam votaron por Playdemic como "Gañador xeral" e escolleron a MAG Interactive como "Máis adoptable", pola súa colaboración con TreesPlease , e Creative Mobile como "Primeiro no mercado". Wildworks é "o favorito do PNUMA".
Algunhas activacións xa se integraron aos xogos e o resto porase en marcha a principios de 2021 ou antes.
A Alianza Playing for the Planet asociouse con Google Play para promover os xogos con novas activacións a finais de 2020. O ano que vén, os organizadores agardan que máis empresas se rexistren para participar no encontro colaborativo, co potencial de chegar a mil millóns de xogadores.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay