- Unha investigación realizada pola consultora Kearney revela que as compañías que incorporan a economía circular aos seus modelos de negocio obteñen importantes beneficios económicos e de reputación.
- Na enquisa participaron 150 empresas de todo o mundo.
Cerceda, a 20 de xaneiro de 2021.- Unha investigación realizada pola consultora Kearney revelou que os líderes que adoptan iniciativas circulares nos seus modelos de negocio están superando aos seus rivais tradicionais.
A enquisa realizada entre 150 empresas en todo o mundo pon de manifesto os beneficios das compañías que se involucran con modelos de economía circular e as desvantaxess para as que non o fan.
O 34% dos enquisados pódense definir como ‘líderes’ no campo circular. De xeito significativo, este grupo reportou melloras no seu negocio desde que cambiou a produtos e modelos circulares, que inclúen un aumento dos ingresos do 32%, un aumento do 38% no aforro de custos, un incremento do 50% na fidelidade dos clientes e dun 70% no recoñecemento de marca.
Os datos chegan nun momento crítico, cando o mundo se enfronta a unha crecente escaseza de recursos e a un problema de desperdicio.
Actualmente, cada ano procésanse da orde de 100.000 millóns de toneladas de materiais, dos que máis do 91% se extraen dos recursos naturais. Unha economía circular é clave para revertir esta tendencia. Funciona pechando os ciclos de materiais, de modo que o valor dos produtos e recursos se manteña na economía o maior tempo posible e se minimice a xeración de residuos.
O 40% das empresas teñen a economía circular como un elemento clave na súa axenda de sostiibilidade.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay