- Se ben os smartphones e teléfonos móbiles son os máis demandados, o certo é que crece de forma exponencial a compra de produtos electrónicos de todo tipo, ocupando os primeiros postos as cafeteiras, os robots multifunción e as batedoras.
Cerceda, a 19 de xullo de 2019.- Máis aló dos teléfonos móbiles e smartpohones, cuxa reutilización está asentada, no mercado do reacondicionamento entraron outros aparellos electrónicos.
Back Market, plataforma especializada no comercio de aparellos electrónicos reacondicionados, asegura que, se ben a meirande parte dos artigos que se adquiren neste mercado continúan a ser os smartphones e teléfonos móbiles, o certo é que crece de forma exponencial a compra de produtos electrónicos de todo tipo. Electrodomésticos como cafeteiras, robots multifunción e batedoras constitúen tres dos artigos máis demandados.
Trátase en moitos casos de produtos que simplemente estiveron expostos en tendas ou proveñen de devolucións de clientes que nin tan sequera chegaron a estrealos. Todos son revisados e postos a punto por talleres profesionais antes de sacalos á venda para comprobar que funcionan correctamente, igual que se fosen novos, coa particularidade de que a garantía pode chegar a ser a mesma que a dos produtos novos.
A diferenza dos artigos de segunda man, e para maior seguridade da clientela, no caso de Back Market a garantía esténdese a 12 meses, ampliable a 24.
A firme aposta polo reacondicionamento é unha boa nova para o sector ambiental, toda vez que a reutilización debe primar sobre a reciclaxe, constituíndo un claro exemplo de economía circular, xa que garante que os produtos se manteñan o maior tempo posible na economía e se alongue a súa vida útil a fin de minimizar a produción de residuos.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación