- O concurso oriéntase a todos os clubs e escolas de vela adscritos á Grímpola Ecomar 2020.
- O club que máis pilas recolla en peso, proclamarase vencedor, sendo obsequiado con diferentes premios.
- Como novidade, este ano sortearase unha viaxe a Mallorca e unha clase de Vela entre todos os Amantes dos Océanos e Mares que se fagan unha foto reciclando pilas co hastag, #PilaaPilaViajoGratis
Cerceda, a 28 de xullo de 2020.- Un verán máis, ECOMAR e ECOPILAS organizan o concurso medioambiental que, baixo o título “Ponte as Pilas e Recicla”, oriéntase a todos os clubs e escolas de vela adscritos á Grímpola Ecomar 2020.
O obxectivo desta iniciativa é promover a recollida e posterior depósito de pilas nos contedores que a Fundación ECOPILAS subministra en cada club. O centro que máis pilas recolla en peso, proclamarase vencedor, sendo obsequiado con diferentes premios.
Con tal fin, a Fundación entregará en cada club os recopiladores e material de difusión. Estes puntos de recollida están habilitados ata o próximo 31 de agosto, encargándose esta mesma organización da retirada e pesaxe das pilas recollidas en cada centro.
Nas bases da convocatoria advírtese, non obstante, que baterías de barcos, coches, patinetes e bicis eléctricas non están contempladas neste concurso.
Pola súa banda, desde ECOMAR efectuarase o seguimento desta iniciativa, encargándose igualmente da difusión.
Os tres centros que recompilen máis pilas e baterías en peso, recibirán os seguintes premios: 50 chalecos salvavidas e unha 1 Vela (primeiro galardón); 35 chalecos salvavidas (segundo galardón); 25 chalecos salvavidas (terceiro galardón).
Como novidade, este ano, sortease unha viaxe a Mallorca e unha clase de Vela entre todos os Amantes dos Océanos e Mares que se fagan unha foto reciclando pilas co hastag, #PilaaPilaViajoGratis.
Fonte e imaxe: Ecopilas