- A nova plataforma, impulsada polo grupo Landbell, permite ás tendas online de electrodomésticos cumprir coas obrigas de recollida gratuita de RAEE nos 19 países nos que opera o grupo.
Cerceda, a 21 de xaneiro de 2021.- O grupo Landbell, matriz do sistema de responsabilidade ampliada do produtor ERP, lanza para toda Europa un novo servizo que permite a retirada e xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) ás tendas online. A presenza paneuropea da entidade permite dispoñer dun único punto centralizado para xestionar a recollida dos residuos electrónicos nos 19 países europeos nos que opera.
A plataforma está dispoñible en 14 idiomas, o que proporciona a os comercios online unha ferramenta útil á hora de xestionar estes refugallos e cumprir coa normativa vixente na materia.
A actual Directiva Europea de RAEE, cuxo eixe central é reducir a cantidade de RAEE, aumentar o seu reciclado e axudar á economía circular, indica que o comercio online, con independencia do seu tamaño, tamén está obrigado a ofrecer aos seus clientes un servizo de retirada de RAEE en desuso ao adquirir dispositivos equivalentes. Non obstantes, a devandita Directiva aplícase con matices nos diferentes Estados membros.
Por exemplo, en España a venda online ten as mesmas obrigas que os distribuidores con tenda física e débese garantir a recollida gratuita de RAEE, ben no punto de entrega do novo aparello ou no domicilio do comprador ao que se lle subministra. Previamente, débese solicitar información sobre a intención de entregar un RAEE equivalente ao aparello que se compra e, no momento de entrega, débese emitir un xustificante ou albarán con información sobre o RAEE que entrega o usuario e darlle unha copia.
Todas estas particularidades son un desafío para a distribución á hora de xestionar o seu cumprimento, xa que vía online pódese vender a calquera punto dentro do mesmo país ou a calquera outro país, por exemplo, da UE.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay