- Convocados desde 1987 por parte da Comisión Europea, supoñen un gran prestixio para as compañías, mellorando a súa visibilidade e abrindo novas oportunidades de negocio.
- A Fundación Biodiversidade é a entidade encargada de xestionar a sección española desde o ano 2013.
- Estes premios están destinados a empresas privadas con personalidade xurídica propia e sede en España que teñan apostado polo medio ambiente e estean comprometidas co desenvolvemento sostible.
- O prazo para a presentación de candidaturas finalizará o próximo 12 de novembro.
Cerceda, a 13 de setembro de 2019.- Xa está en marcha unha nova edición dos Premios Europeos de Medio Ambiente á Empresa (EBAE, polas súas siglas en inglés), na súa sección española.
Convocados desde 1987 por parte da Comisión Europea, con estes galardóns preténdese recoñecer a aquelas empresas que combinan con éxito a viabilidade económica dos seus negocios coa protección do medio ambiente a través da innovación na xestión, nos procesos, nos produtos ou servizos que ofertan, na cooperación empresarial ou combinando negocio e biodiversidade.
Representan, polo tanto, un gran prestixio para as compañías gañadoras, que son recoñecidas por parte da sociedade, mellorando a súa visibilidade e abrindo novas oportunidades.
A convocatoria destínase a empresas privadas con personalidade xurídica propia e sede en España que teñan apostado polo medio ambiente e estean comprometidas co desenvolvemento sostible.
A Fundación Biodiversidade é a entidade encargada de xestionar a sección española desde o ano 2013.
Nesta ocasión, poden concorrer empresas a 5 categorías diferentes: Xestión, Proceso, Produto e/ou Servizo, Cooperación Empresarial Internacional e Empresa e Biodiversidade. Ademais, cada premio estará dotado de dous galardóns, un para pequenas e micro empresas e outro para medianas e grandes empresas.
O prazo de presentación de candidaturas finalizará o próximo 12 de novembro.
Do mesmo xeito que noutras edicións, o xurado estará formado por recoñecidos expertos no ámbito de empresa e sostibilidade, circunstancia que garantirá a selección das mellores apostas empresariais que apoien a innovación e a definición de novos modelos encamiñados á transición ecolóxica.
As compañías galardoadas nesta fase nacional poderán optar posteriormente aos premios organizados pola Comisión Europea para o segundo trimestre do ano 2020, onde competirán con firmas doutros países da Unión Europea.
Fonte e imaxe: Fundación Biodiversidade
Saúdos, Departamento de Comunicación