- Trala súa plena implantación, a Emenda, que xa foi ratificada a día de hoxe por 65 países, poderá evitar ata 0,4ºC de quecemento global a finais deste século, á vez que se continúa protexendo a capa de ozono.
- O Acordo de París contempla que, durante os próximos 30 anos, reducirase en máis dun 80% a produción e o consumo de HFC.
- Aínda que os HFC non supoñen unha ameaza para a capa de ozono, o certo é que son gases de efecto invernadoiro perigosos cun potencial de contribución ao quecemento global que pode chegar a ser moi superior ao do dióxido de carbono.
Cerceda, a 14 de xaneiro de 2019.- O pasado 1 de xaneiro entrou en vigor a Emenda de Kigali ao Protocolo de Montreal, visualizándose como un importante apoio nos esforzos para reducir os gases de efecto invernadoiro e intensificar a loita contra o cambio climático, conforme aos preceptos do Acordo de París.
Trala súa plena implantación, a Emenda poderá evitar ata 0,4ºC de quecemento global a finais deste século, á vez que se continúa protexendo a capa de ozono.
É preciso recordar que o Acordo de París contempla que, durante os próximos 30 anos, reducirase en máis dun 80% a produción e o consumo de HFC (hidrofluorocarbonos), compostos orgánicos utilizados con frecuencia en acondicionadores de aire e outros dispositivos como refrixerantes alternativos ás sustancias que esgotan a capa de ozono e reguladas polo Protocolo de Montreal.
Aínda que os HFC non supoñen unha ameaza para a capa de ozono, o certo é que son gases de efecto invernadoiro perigosos cun potencial de contribución ao quecemento global que pode chegar a ser moi superior ao do dióxido de carbono. Neste sentido, a Emenda Kigali tamén pode representar unha oportunidade para redeseñar equipos de refrixeración máis eficientes desde o punto de vista enerxético, circunstancia que intensificaría aínda máis a acción climática.
Ratificada a día de hoxe por 65 países, a Emenda enmárcase no Protocolo de Montreal subscrito en 1987 e cuxa implementación levou á eliminación de case un cento de produtos químicos que esgotan a capa de ozono, elemento que protexe a Terra dos niveis daniños de raios ultravioleta procedentes do sol.
Conforme á última avaliación científica na materia, en partes da estratosfera a capa de ozono recuperouse a unha taxa de 1-3% por década desde o ano 2000. Ás taxas proxectadas, o hemisferio norte e o ozono de latitude media recuperaranse totalmente para a década de 2030, seguidos do hemisferio sur na década de 2050 e as rexións polares en 2060.
As partes definiron aspectos prácticos para a instauración da Emenda de Kigali, incluídos os acordos sobre tecnoloxías para a destrución de HFC e os novos requisitos e ferramentas para o reporte de datos. Inclúense igualmente disposicións para a promoción de capacidades nos países en desenvolvemento, o fortalecemento institucional e a posta en marcha de estratexias nacionais para reducir os HFC e reemplazalos por outras alternativas.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación