- Antonio Herrero Huerta, de Fuenlabrada, levouse o primeiro galardón coa súa instantánea “Tormenta sobre las farallóns”.
- O segundo recaeu en José Jorge Amigo Ventureira, de Ferrol, coa súa obra “Burbujas en verde rana”.
- A entrega de premios por parte do concello de Cervo tivo lugar onte, no marco do Día Mundial do Medio Ambiente.
- Con esta iniciativa, na que colabora Sogama e que se leva a cabo desde fai varios anos, o ente local pretende poñer en valor a riqueza paisaxística de Galicia e contribuír a crear conciencia en torno á protección e conservación da contorna.
Cerceda, a 6 de xuño de 2019.- O Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado onte, 5 de xuño, serviu de escenario para que o concello de Cervo (Lugo) procedese á entrega dos premios correspondentes ao tradicional certame “Cervo Respecto, que xa vén celebrándose con gran éxito desde fai varios anos.
O 1º galardón, así como o premio Top Cervo, levouno Antonio Herrera Huerta, de Fuenlabrada (Madrid) coa súa instantánea “Tormenta sobre las Farallóns”. O 2º premio recaeu en José Jorge Amigo Ventureira, de Ferrol, pola súa imaxe bautizada co título “Burbujas en verde rana”.
O concurso estivo aberto a calquera persoa interesada. A temática, de carácter libre, debía estar vinculada ao medio ambiente e os candidatos quedaban obrigados a dar debido cumprimento ao código ético que garanta e mellore a relación coa natureza.
As fotografías debían ser orixinais e inéditas e corresponder a calquera lugar de Galicia.
O primeiro agraciado recibiu, de mans do concello, unha cerámica de Sargadelos, así como un vale económico de 150 euros para investir en establecementos da propia localidade de Cervo.
O segundo, gratificado tamén cunha cerámica de Sargadelos, obtivo un vale económico de 75 euros, coas mesmas condicións.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a iniciativa contou coa colaboración de Sogama e, a través da mesma, pretendíase deixar constancia da gran riqueza natural e paisaxística de Galicia, contribuíndo ao mesmo tempo a concienciar e a sensibilizar á poboación na súa protección e conservación.
Saúdos, Departamento de Comunicación