- O acto, presidido polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que estivo acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, levouse a cabo o pasado 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente
- Ao certame concorreron 38 instantáneas, recaendo o primeiro premio en Marcial Fernández Belo, pola súa foto “Amencer” e, o segundo, en María Carme Vale Ramor, por “Luna, ti o que ves”
- O premio Top Cervo foise para Consuelo Fra Fernández, por “Reflejo del amanecer en el faro”
Cerceda, a 7 de xullo de 2022.- No marco da XII edición do concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2022”, que contou co apoio de Sogama, o Concello de Cervo (Lugo) entregou os premios o pasado 5 de xuño, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial de Medio Ambiente.
O alcalde, Alfonso Villares, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, escenificaron a entrega de galardóns nun marco natural e patrimonial incomparable como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
Un total de 38 instantáneas concorreron á avaliación dun xurado conformado por especialistas na materia e que outorgou o primeiro premio a “Amencer”, de Marcial Fernández Bellón, e, o segundo, a “Luna, ti o que ves”, de María Carmen Vale Ramos.
Pola súa banda, o premio “TOP Cervo”, co que se recoñece a mellor fotografía dalgunha paraxe do municipio, recaeu en “Reflejos del amanecer en el faro”, de Consuelo Fra Fernández.
Así mesmo, fíxose unha mención especial ás persoas usuarias da Asociación de Saúde Mental da Mariña polo seu traballo en equipo.
Todos eles recibiron como regalo unha figura de cerámica de Sargadelos.
Saúdos, Departamento de Comunicación