- Tras recibir unha clase teórico-práctica a cargo de educadores especializados, realizaron unha visita virtual polas distintas plantas que conforman o Complexo industrial cercedense e recreáronse coas máquinas de xogos Arcade, nas que tiveron a oportunidade de poñer a proba o apreso
Cerceda, a 8 de novembro de 2023.- Medio cento de escolares de 3º de ESO do Colexio Sagrado Corazón Placeres de Pontevedra viaxaron ao municipio coruñés de Cerceda para coñecer a actividade de Sogama e a súa infraestrutura industrial.
Atendidos por educadores especializados, asistiron a unha clase na que puideron tomar nota das principais características desta empresa pública e o seu labor, equipándose a continuación con lentes de realidade virtual para facer un percorrido inmersivo polas distintas plantas que conforman o Complexo cercedense, comprobando as súas funcionalidades.
Comezaron pola de clasificación de envases, onde se separan por tipoloxías os materiais depositados polos cidadáns nos contedores amarelos para remitilos aos centros recicladores. Continuaron pola planta de tratamento e elaboración de combustible, e pola de recuperación de materiais, nas que se seleccionan os residuos da bolsa negra (fracción resto) susceptibles de ser reciclados para o seu posterior envío á industria transformadora, e acondiciónase un combustible CDR a partir dos non reciclables para a súa valorización enerxética na Planta Termoeléctrica.
Tamén se lles explicou os pormenores da infraestrutura coa que contará Galicia para a compostaxe da materia orgánica, dispoñendo, no caso da provincia de Pontevedra, dunha planta de biorresiduos en Vilanova de Arousa, que estará apoiada por cinco plantas de transferencia.
O broche da visita puxéronno as máquinas de xogos Arcade, coas que o alumnado puxo a proba os seus coñecementos na recollida selectiva de residuos.
Saúdos, Departamento de Comunicación