- Conta cun volume de negocio de 27.766 millóns de euros, cifra que supón o 2,3% do PIB nacional, e dá emprego directo a 125.208 persoas
- Integran o sector 3.374 empresas transformadoras do plástico, 168 firmas que fabrican maquinaria e equipos para a produción e 162 compañías que reciclan este material
Cerceda, a 30 de maio de 2023.- De acordo co ‘Informe sectorial do plástico en España’, impulsado por Equiplast e redactado pola consultora MaketAAD, coa colaboración do Centro Español de Plásticos (CEP), nos últimos anos, a industria española do plástico apostou, de maneira firme e decidida, pola reciclaxe, extremo que se confirma a través da capacidade de reciclaxe do noso país, con máis de 1,4 millóns de toneladas, situándoo en segundo lugar a nivel europeo, despois de Alemaña, con 2 millóns, e por diante de Reino Unido, Francia e Italia.
Así mesmo, a industria da reciclaxe en España conta cun volume de negocio de 27.766 millóns de euros, cifra que supón o 2,3% do PIB nacional, e dá emprego directo a 125.208 persoas.
Integran o sector 3.374 empresas transformadoras do plástico, 168 firmas que fabrican maquinaria e equipos para a produción, e 162 compañías que reciclan este material. Unha das principais características da industria plástica española é que conta cun 45% de pequenas e medianas empresas, sendo os seu principais sectores usuarios o do envase e embalaxe, cun volume de negocio de 7.500 millóns de euros; automoción, con 6.028 millóns; construción, 3.168 millóns; mobiliario, 779 millóns; e xoguete, 344 millóns.
O estudo destaca que as plantas de reciclaxe mecánica, nas que tratan produtos procedentes do consumo, reciclaron 1,12 millóns de toneladas (un 79% do material procesado), o que pon de manifesto a súa alta capacidade de xestión, situando este procedemento de revalorización dos residuos en materia prima é unha tendencia á alza no noso país. Tamén fai fincapé en que o sector sufriu, no período 2021-2022, o encarecemento dos custos enerxéticos, o aumento do prezo das materias primas e problemas na subministración de compoñentes.
O presidente de Equiplast, Bernd Roegele, afirma que “non podemos imaxinar un mundo sen plástico, non ten substituto, pero si podemos traballar para facer o seu uso e fabricación máis sostible, darlle novas vidas e melloralo para que se máis respectuoso co medio ambiente”.
Fonte: Retema