- Ademais da visita virtual ás instalacións que conforman o Complexo Medioambiental de Cerceda, tiveron a oportunidade de realizar un percorrido guiado e a pé polas mesmas, comprobano in situ a súa actividade
- Cabe destacar que a UIE está especialmente orientada á empresa, a innovación, o emprendemento e a tecnoloxía, poñendo o foco nos graos universitarios do futuro
Cerceda, a 26 de diciembre de 2023.- Alumnos e alumnas que cursan os seus estudos superiores na Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), desprazáronse a Cerceda, desde as sedes da Coruña e Vigo, para coñecer os pormenores da xestión de Sogama e os seus proxectos actuais e de futuro.
Logo das explicacioness proporcionadas por técnicos desta Sociedade pública e, unha vez realizada a visita virtual polas distintas instalaciones que conforman o Complexo Medioambiental cercedense, os estudantes tiveron a oportunidade de facer un percorrido guiado e a pé polas mesmas, e comprobar in situ a súa actividade, así como o tratamento que reciben as fracciones de residuos que chegan a esta infraestrutura industrial: bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks), recibida na planta de clasificación, onde os materiais son separados por tipoloxías para remitilos aos centros de reciclaxe; e bolsa negra (fracción resto), da que se extrae a parte reciclable co fin de que sexa recuperada, acondicionándose, a partir da non reciclable, un combustible CDR que se valoriza nunha planta termoeléctrica para xerar enerxía eléctrica (50% renovable), suficiente para abastecer ao 12% dos fogares galegos.
Os mozos, que cursan diferentes graos tales Administración e Dirección de empresas, Administración de Negocios Dixitais, Enxeñaría en Sistemas Intelixentes, Enxeñaría da Empresa, etc), mostráronse moi interesados pola operativa da compañía, con cobertura en todo o territorio galego (dá servizo ao 94% dos municipios) e cunha visión integral da xestión do residuo que comeza, en primeira instancia, Coa promoción da redución e a preparación para a reutilización, continúa coa reciclaxe e culmina coa recuperación enerxética daquela parte dos refugallos que non pode ser reutilizada nin reciclada, relegando a vertedura a último lugar polo seu negativo impacto para o medio ambiente e a saúde.
Innovación, tecnoloxía, dixitalización e intelixencia artificial constitúen elementos plenamente incorporados á actividade de Sogama e que cobrarán especial protagonismo no marco do plan estratéxico da empresa para o período 2024-2030, no que tamén terán voz os distintos grupos de interés.
Neste sentido, cabe salientar que a UIE está orientada á empresa, a innovación, o emprendemento e a tecnoloxía, e precisamente pon o foco nos graos universitarios do futuro, evolucionando a súa oferta formativa conforme ás necesidades do sector empresarial e tecnolóxico, coa mirada posta a 15 anos vista.
Saúdos, Departamento de Comunicación