- Este logro enmárcase na campaña “Acoge un contenedor”, promovida pola Fundación Medioambiental Ecopilas.
- A través da mesma, a entidade envía gratuitamente recipientes e material didáctico a aqueles centros que o soliciten, e imparte igualmente talleres formativos sobre a reciclaxe de pilas e os seus beneficios.
- Ecopilas conta cunha rede de recollida de pilas en centros educativos que ascende a 5.417 puntos, representando o 13,23% dos 40.945 que ten despregados en edificios públicos, grandes superficies ou establecementos comerciais de toda España.
Cerceda, a 13 de abril de 2020.- Durante o ano 2019, mozos e mozas de 311 centros escolares de distintos puntos de España colaboraron na campaña “Acoge un contenedor”, promovida pola Fundación Medioambiental Ecopilas, a través da cal propiciaron a recollida e posterior reciclaxe de máis de 12.700 pilas.
Así mesmo, as solicitudes de recipientes específicos para o depósito de pilas creceu nun 70%, circunstancia que evidencia o extraordinario interese do ámbito escolar en participar nesta iniciativa, así como a súa gran sensibilidade ambiental cara á reciclaxe.
A través desta campaña, Ecopilas envía gratuitamente contedores e material didáctico a aqueles centros que o soliciten e imparte talleres formativos sobre a reciclaxe de pilas e os seus beneficios.
Tal e como manifestou José Pérez, presidente de Ecopilas, “estamos realmente satisfeitos con estes resultados, sobre todo tendo en conta o poder de prescrición dos máis pequenos sobre as condutas medioambientais. Por isto, e malia o peche dos centros imposto polas circunstancias que vivimos, non dubidamos de que os escolares volverán a sumar moi pronto neste obxectivo común que é a reciclaxe, un sector que, á marxe da ralentización lóxica actual dos fluxos de residuos, segue desenvolvendo a súa actividade debido á súa función esencial para a sociedade”.
Desde a súa creación, Ecopilas fixo un gran esforzo por achegar os contedores de pilas e baterías aos cidadáns e incrementar a taxa de reciclaxe. Con tal fin, creou unha ampla rede de puntos de recollida en centros educativos. Actualmente, esta rede ascende a 5.417, representando o 13,23% dos 40.945 puntos que ten despregados en edificios públicos, grandes superficies ou establecementos comerciais de toda España.
En concreto, Ecopilas dispón de contedores en colexios de educación infantil e primaria, institutos de secundaria, universidades, escolas de vela e conservatorios de música de todas as Comunidades Autónomas.
Fonte e imaxe: FuturEnviro