- O marco de actuación foi a iniciativa formativa LIBERA Makers, lanzada a principios de ano en centros educativos de toda España.
- Baixo o lema “Si no sabes cómo acabar con la basuraleza, ¡invéntatelo!”, este programa educativo mobilizou a más de 1.000 alumnos de 62 centros de Formación Profesional de todo o país.
- A presente edición contemplou tres premios, dotados con material escolar por valor de 3.000, 2.000 e 1.000 euros respectivamente, así como o Premio do Público.
Cerceda, a 13 de xullo de 2020.- A fin de animar aos estudantes a idear e deseñar ferramentas coas que contribuír á loita contra a basuraleza a través da innovación, a principios deste ano lanzouse a iniciativa formativa LIBERA Makers, que forma parte do Proxecto LIBERA, de SEO/Birdlife en alianza con Ecoembes.
Baixo o lema “Si no sabes cómo acabar con la basuraleza, ¡invéntatelo!”, este programa educativo mobilizou a máis de 1.000 alumnos de 62 centros de Formación Profesional de toda España.
Partindo das dinámicas de preparación coordinadas por LIBERA, ofreceuse aos mozos/as un contexto sobre a basuraleza e distintos desafíos medioambientais, así como as últimas tendencias en prototipado e outras dinámicas de fomento e desenvolvemento da innovación, como son o DesignThinking ou o deseño 3D.
Desta forma, e seguindo unha metodoloxía que combinou a contorna online e o intercambio de coñecementos e ideas en primeira persoa, chegouse á fase final de competición dos prototipos e seleccionáronse tres gañadores entre os 20 mellores proxectos.
PREMIOS
O primeiro premio, dotado con 3.000€ en material escolar, foi para o proyecto Polyhibris, proposto por alumnos do Centro San Valero (Zaragoza). Esta solución xorde aplicando o código libre, a base do “Movemento Maker”, ideando un modelo colaborativo e educativo que o xurado considerou de alta calidade, tanto en formulación, coma nos modelos traballados.
O segundo premio, con 2.000 , foi para o grupo de traballo do IES Inventor Cosme García (Logroño) gracias o seu proxecto WaterCleaner, iniciativa moi valorada pola súa orixinalidade e que cumpre un dobre obxectivo: limpar a auga e concienciar ao mesmo tempo.
Pola súa banda, o Sistema de Eliminación de Basura en Ríos, ideado por un grupo de estudantes do IES Enrique Flórez (Burgos), fíxose co terceiro posto, de 1.000€ , grazas a unha idea disruptiva e orixinal sobre un sistema innovador de retirada de residuos en contornas acuáticas.
Ademais, os visitantes da web de LIBERA Makers poideron elixir e votar polo seu proxecto favorito. Tras unha semana e preto de 300.000 votos rexistrados, finalmente foi Fly Finder do Centro SAFA de Andújar (Xaén) que, con más de 100.000 apoios, alzouse co Premio do Público.
LIBERA Makers contribúe a que LIBERA consiga pechar o ciclo formativo, chegando aos centros de Formación Profesional de toda España para que os futuros profesionais sexan capaces de deseñar solucións innovadoras que teñan un impacto positivo no medio ambiente. Neste sentido, recibiu o apoio de FP Empresas, asociación sen ánimo de lucro que reúne a 220 Centros de Formación Profesional públicos e concertados de toda España.
Fuente e imaxe: Libera