- O sector agroalimentario está a realizar un esforzo incomensurable para que os alimentos cheguen aos nosos fogares nas mellores condicións.
- Imponse o máximo aproveitamento, xa que desperdiciar comida significa tirar diñeiro, recursos naturais, man de obra e prexudicar o medio ambiente.
Cerceda, a 11 de maio de 2020.- O sector agroalimentario está a facer un esforzo titánico para que os alimentos cheguen aos fogares nas mellores condicións.
Se ben é necesario manter un consumo responsable durante todo o ano e evitar o desperdicio alimentario, agora faise máis prioritario que nunca. Algúns datos da FAO poden invitar á reflexión
- O volume mundial de despilfarro de alimentos calcúlase en 1.600 millóns de toneladas no "equivalente de produtos primarios". O despilfarro total dos alimentos para a parte comestible deste volume equivale a 1 300 millóns de toneladas.
- A pegada de carbono do despilfarro de alimentos estímase en 3.300 millóns de toneladas equivalente de CO2 de gases de efecto invernadoiro liberados á atmosfera por ano.
- O volume total de auga que se utiliza cada ano para producir os alimentos que se perden ou desperdician (250km3) equivale ao caudal anual do río Volga en Rusia, ou tres veces o volume do lago de Xenebra.
- Do mesmo xeito, 1.400 millóns de hectáreas –o 28% da superficie agrícola do mundo- úsanse anualmente para producir alimentos que se perden ou desperdician.
- Os países en desenvolvemento sofren máis perdas de alimentos durante a etapa de produción agrícola, mentres que nas rexións de ingresos medios e altos, o desperdicio tende a ser maior a nivel do comercio ao detalle e o consumo.
- O 42% do desperdicio prodúcese nos fogares, representando as froitas, verduras e pan fresco os alimentos sen preparar que máis se tiran.
- España é o sétimo país da UE que máis alimentos tira.
- Desperdiciar alimentos supón un impacto no medio ambiente e unha enorme perda de recursos como auga, superficie agrícola e enerxía, ademais de tempo, diñeiro e man de obra.
CAUSAS E ALGUNHAS SOLUCIÓNS
As causas do desperdicio alimentario nos fogares débese fundamentalmente á falta de planificación, compras compulsivas, escasa orde (esquecerse do consumo de produtos perecedeiros con data de caducidade ou de consumo preferente), inaxeitada conservación dos mesmos, cociñar cantidades excesivas, envases abertos cuxo contido non é utilizado na súa integridade, etc.
Revisar a despensa e a neveira, utilizar antes os produtos máis antigos, facer unha lista da compra co necesario, axustar as racións ao número de comensais e aproveitar as sobras para elaborar novos menús, algunhas das claves.
Datos: FAO
Imaxe: Pixabay