- Así o asegurou o Director Xeral desta organización, Qu Dongyu, no transcurso da conferencia Our Ocean, celebrada en Oslo.
- Un terzo das poboacións de peces do mundo están sobreexplotadas e é probable que o cambio climático afecte negativamente ás das zonas tropicais.
- A xuízo da FAO, a maior protección dos océanos contribuirá a avanzar cara á erradicación da fame, constituíndo este o eixe da consecución dos demais ODS.
Cerceda, a 29 de outubro de 2019.- No marco da conferencia Our Ocean, celebrada recentemente en Oslo, o Director Xeral da FAO, Qu Dongyu, que interveu nun panel sobre gobernanza da pesca xunto a Bernard Esau, Ministro de Pesca e Recursos Mariños de Namibia, e Harald Tom Nesvik, Ministro de Pesca de Noruega, ademais doutros expertos, instou a realizar grandes investimentos na sostibilidade dos océanos a fin de avanzar cara á erradicación da fame, constituíndo esta o eixe da consecución dos demais Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Segundo a FAO, un terzo das poboacións de peixes no mundo están sobreexplotadas e é probable que o cambio climático afecte negativamente ás das zonas tropicais. Así as cousas, o seu máximo responsable asegurou que “a protección dos océanos só terá éxito se dedicamos recursos financeiros e ideas a desenvolver solucións sostibles”. Abundou nos enormes servizos que proporcionan, ao que engadiu que o consumo mundial de peixe per cápita aumentou a 20,3 quilos ao ano, e que a pesca e a acuicultura ofrecen oportunidades de sustento a máis do 10% da poboación mundial.
Our Ocean 2019 centrouse en temáticas tales como o cambio climático, a contaminación e a seguridade no mar, a pesca sostible, así coma o seu enfoque tradicional nas iniciativas de conservación.
Esta conferencia, iniciada en 2014 polo entón Secretario de Estado de Estados Unidos, John Kerry, ten como obxectivo promover compromisos voluntarios dos gobernos para coidar os océanos.
Desde os seus comezos, o evento conseguiu mobilizar fondos por importe de preto de 18 000 millóns de dólares EEUU e lograr 12,4 millóns de km2 de áreas mariñas protexidas.
O Director Xeral da FAO advertiu dunha "perigosa brecha de sostibilidade" a medida que a pesca nas rexións desenvolvidas vólvese cada vez máis sostible e se reconstitúen as poboacións de peixes, mentres que as rexións en desenvolvemento non melloran coa mesma rapidez.
Avanzou que en novembro se celebrará un importante simposio en Roma para identificar as solucións técnicas dispoñibles para protexer en maior medida os océanos.
O próximo ano, a Conferencia Our Ocean terá lugar en Palau.
Fonte: FAO
Saúdos, Departamento de Comunicación