- A iniciativa, enmarcada no Día Mundial da Alimentación, oriéntase a nenos e mozos de entre 5 e 19 anos.
- A data límite para que os interesados poidan presentar os seus traballos é o próximo 6 de novembro.
- Un comité de selección elixirá como finalistas 15 carteis de cada categoría (60 carteis en total) durante o mes de decembro.
Cerceda, a 14 de outubro de 2020.- No marco da conmemoración do Día Mundial da Alimentación, que terá lugar o vindeiro venres, día 16, os nenos e mozos de entre 5 e 19 anos están invitados a crear un cartel do seu heroe da alimentación favorito.
E é que o mundo, tal e como sinala a FAO, está cheo de heroes da alimentación: desde agricultores ata condutores, dependentes, representantes do goberno ou de bancos de alimentos, etc.. Aqueles que, malia desafíos distintos, como a actual pandemia de COVID-19, traballan duro para garantir que os alimentos cheguen das granxas á nosa mesa.
A data límite para que os interesados poidan presentar os seus traballos é o próximo 6 de novembro.
A idade que se especificará no formulario corresponde á idade do participante no momento de inscribirse no concurso. Os menores deben ter o consentimento dos seus pais ou titores legais para participar no mesmo.
A competición divídese nas categorías seguintes: de 5 a 8 anos; de 9 a 12 anos; de 13 a 15 anos; e de 16 a 19 anos de idade, e cada participante pode presentar soamente un cartel.
Os carteis pódense debuxar, pintar ou esbozar con bolígrafos, lápis de cores ou carboncillos, empregando pintura ao óleo, pintura acrílica ou acuarelas, ou ben utilizando unha combinación de materiais. Tamén se poden deseñar dixitalmente. Non se permiten fotografías.
Todas as obras deben ser orixinais e non deben incluír imaxes fotográficas do participante ou outra información persoal.
Soamente se poden enviar os carteis utilizando o formulario de inscrición previsto para ese efecto e únicamente se aceptarán ficheiros dixitais en formato JPEG.
PREMIOS
O comité de selección elixirá como finalistas 15 carteis de cada categoría (60 carteis en total) durante o mes de decembro. Os candidatos finalistas recibirán un certificado por este logro.
Un xurado elixirá os tres carteis gañadores de cada unha das tres categorías. Os galardonados serán promocionados polas oficinas da FAO en todo o mundo e entregaráselles unha bolsa de agasallo sorpresa e un certificado de recoñecemento
Fonte e imaxe: FAO