- Orientado a nenos e mozos de calquera parte do mundo e con idades comprendidas entre os 5 e 19 anos, ten por obxecto fomentar a imaxinación, plasmando en soporte cartel a viaxe dos alimentos.
- O concurso divídese en catro categorías e cada participante só pode aporta un cartel a través dun formulario en liña.
- A data límite para presentar as candidaturas vence o próximo 5 de novembro.
Cerceda, a 17 de setembro de 2021.- Un ano máis, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) promove o concurso de carteis con motivo do Día Mundial da Alimentación.
Orientado a nenos e mozos de calquera parte do mundo e con idades comprendidas entre os 5 e 19 anos, ten por obxecto fomentar a imaxinación e plasmar en soporte cartel a viaxe dos alimentos.
Aínda que o termo “sistema agroalimentario” resulta complexo, o certo é que forma parte da nosa vida diaria cada vez que comemos, cubrindo os diferentes e numerosos pasos que dan os alimentos desde o momento no que se cultivan ata que son transportados, distribuídos, consumidos ou eliminados. Ademais, inclúe a todas as persoas, actividades e opcións que desempeñan un papel na obtención de alimentos e produtos agrícolas.
REQUISITOS
O concurso divídese en catro categorías: de 5 a 8 anos, de 9 a 12 anos, de 13 a 15 anos e de 16 a 19 anos de idade. Os menores deben ter o consentimento dos seus pais ou titores legais para participar.
As obras deben ser orixinais e cada candidato só pode presentar un cartel, procedendo á descalificación daqueles que aporten máis dun.
Os carteis pódense debuxar, pintar ou esbozar con bolígrafos, lapis de cores ou carboncillos, empregando pintura ao óleo, acrílica ou acuarelas, ou utilizando unha combinación de materiais. Tamén se admite o deseño dixital, pero non fotografías. Así mesmo, poden incluír texto ou non. En caso afirmativo, non se aceptarán máis de 25 palabras ou 100 caracteres.
A única vía para a remisión dos carteis é a través do formulario de inscrición en liña previsto con tal fin, no que se deben completar todos os campos.
Unicamente se aceptarán ficheiros dixitais en formato JPEG.
A data límite para presentar as candidaturas vence o próximo 5 de novembro.
Formulario de inscrición:http://www.fao.org/worldfoodday- contest/ upload- your- poster/es/
XURADO E PREMIOS
O comité de selección elixirá como finalistas 15 carteis de cada categoría (60 carteis en total) e notificaráselles en decembro de 2021, obsequiándoos cun certificado.
Un xurado elixirá tres gañadores de cada unha das categorías de idade, que serán promocionados polas oficinas da FAO en todo o mundo e recibirán unha bolsa de agasallo sorpresa e un certificado de recoñecemento.
Fonte e imaxe: ONU