- O documento foi asinado a pasada semana polo Director Xeral da FAO, Qu Dongyu, e a Directora Executiva do PNUMA, Inger Andersen.
- Ambos organismos comprometéronse a cooperar en áreas de interese común tales como os sistemas alimentarios sostibles, os servizos ecosistémicos e a biodiversidade, os datos e as estatísticas, así coma os instrumentos xurídicos.
- Igualmente, sinalaron a súa intención de apoiar aos Estados membros na formulación e o logro de compromisos climáticos máis ambiciosos.
Cerceda, a 2 de outubro de 2019.- A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) renovaron a súa asociación a pasada semana (xa iniciada en 1977), comprometéndose a cooperar en áreas de interese común tales como os sistemas alimentarios sostibles, os servizos ecosistémicos e a biodiversidade na agricultura, a silvicultura e a pesca, os datos e as estatísticas, e os instrumentos xurídicos internacionais, lexislación e cuestións normativas.
O Memorando de Entendemento foi asinado polo Director Xeral da FAO, Qu Dongyu, e a Directora Executiva do PNUMA, Inger Andersen.
Ambos organismos sinalaron que o programa de Sistemas alimentarios sostibles da rede One Planet -asociación de múltiples interesados con máis de 95 asociados, entre eles organismos das Nacións Unidas e gobernamentais, institutos de investigación, sector privado e sociedade civil- configúrase como un medio eficaz para combinar os seus esforzos a fin de mobilizar o apoio político e financeiro para alcanzar conxuntamente o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 12: "Garantir modalidades de consumo e produción sostibles".
Indicaron tamén a súa intención de apoiar aos Estados membros na formulación e o logro de compromisos climáticos máis ambiciosos.
A FAO, que contribuíu a catalizar o éxito do compromiso do Pacto de Política Alimentaria Urbana de Milán con alcaldes de todo o mundo, tamén está interesada en apoiar ao PNUMA como organismo principal do recén lanzado Programa de Cidades Sostibles do Fondo para o Medio Ambiente Mundial (FMAM), mentres que o PNUMA foi un dos principais colaboradores da FAO no seu labor en informes como O estado dos bosques mediterráneos.
Fonte e imaxe: FAO
Saúdos, Departamento de Comunicación