- A sesión terá lugar, vía telemática, o próximo 14 de decembro, a partir das 10:15 horas.
- Será o propio presidente do Patronato da Fundación para a Economía Circular, Ángel Fernández Homar, quen se encargará de dar a coñecer os detalles do documento.
- A asistencia é gratuita, sendo necesario inscribirse previamente.
Cerceda, a 10 de decembro de 2020.- O próximo 14 de decembro, a partir das 10:15 horas, a Fundación para la Economía Circular (FEC) presenta de forma telemática o estudo “Diagnóstico e escenarios de cumprimento dos obxectivos de residuos municipais 2025-2030-2035. Como cumprir os obxectivos sen morrer no intento?”.
Partindo da análise do estado actual da xestión dos refugallos municipais en España (2017), a pretensión deste documento é construír escenarios de xeración e xestión de residuos para o horizonte 2025-2030-2035, baixo a hipótese de que, sendo críbles, respondan á ambiciosa aposta pola economía circular e pola loita contra o cambio climático definida pola Unión Europea.
Carlos Martí, Director de Información e Contidos para a Sostenibilidad, S.L, moderará a sesión, na que tamén participarán César Franco Ramos, Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid, e Santiago Fernández, Membro do Patronato da FEC, correndo a cargo de Ángel Fernández Homar, presidente desta Fundación, a propia presentación do estudo.
A asistencia é gratuita, sendo necesario inscribirse previamente.
SOBRE A FEC
A FEC é unha Fundación de ámbito ibérico e proxección supranacional, integrada por un patronato conformado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito público e privado. O traballo desta organización está vinculado á economía circular, a sostibilidade, o uso dos recursos e o medio ambiente.
Fonte e imaxe: FEC