- O acto, que contou co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid, tivo lugar de forma virtual o pasado 14 de decembro.
- O presidente do Padroado da Fundación para a Economía Circular (FEC), Anxo Fernández, foi o encargado de dar a coñecer o informe e explicar os posibles escenarios de xeración e xestión dos residuos municipais para o horizonte 2025-2030-2035.
Cerceda, a 17 de decembro de 2020.- A Fundación para a Economía Circular (FEC), co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid, presentou, nun evento virtual celebrado o pasado 14 de decembro, o seu estudo ‘Diagnóstico e escenarios de cumprimento dos obxectivos de residuos municipais 2025, 2030-2035. Como cumprir os obxectivos sen morrer no intento’.
Trala benvida de César Franco Ramos, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid, e Santiago Fernández, membro do Padroado da FEC, o presidente desta Fundación, Ángel Fernández, deu a coñecer o informe e fixo unha análise da situación actual (con datos de 2017) da xestión dos residuos municipais en España. Así mesmo, expuxo como o estudo constrúe unha serie de escenarios de xeración e xestión dos residuos municipais para o horizonte 2025-2030-2035, baixo hipóteses que respondan á ambiciosa aposta pola economía circular e a loita contra o cambio climático marcada pola UE.
O documento recolle unha proposta de follas de rutas a seguir para unha serie de fraccións de refugallos consideradas de especial relevancia pola súa composición, polas posibilidades de actuación, pola importancia na xestión, etc.
Igualmente, desenvolvéronse follas de ruta para a fracción orgánica (biorresiduos), papel-cartón, vidro, téxtil, plásticos (envases e non envases), metais (envases e non envases), voluminosos, celulosas e restos de obra menor. En cada caso identifícanse actuacións e horizontes temporais, así como unha estimación da participación de cada fracción no cumprimento dos obxectivos para o conxunto dos residuos municipais.
MEDIDAS
O estudo conclúe que, para alcanzar o 65% de reciclado e un máximo do 10% de vertido en 2035, faise necesario:
- Aplicar os criterios de economía circular (desde o ecodeseño ao consumo).
- Universalizar a recollida selectiva a todas as poboacións españolas, incrementándoa nas fraccións orgánica, téxtil e residuos perigosos, cunha implicación de entre o 80-90% da cidadanía.
- Incorporar ás estatísticas os residuos xestionados pola actividade privada.
- Desenvolver Sistemas de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) co obxectivo de diminuír a presión nas arcas municipais de fluxos tales como téxtil, voluminosos, etc.
- Garantir un mercado eficiente para os materiais recuperados, dando garantías aos consumidores da calidade dos mesmos e aplicando de xeito rigoroso os procesos para a cualificación de subproducto e final de condición de residuo.
- Establecer taxas desincentivadoras ao vertido.
- Procurar suficiente capacidade de valorización enerxética a fin de complementar o reciclado para fluxos e rexeitamentos sen un reciclado viable.
- Adaptar as ordenanzas municipais aos novos criterios de xestión.
- Implicar de forma activa a toda a sociedade como factor clave para o éxito da normativa.
Enlace para descarga informe ‘Diagnóstico y escenarios de cumplimiento de los objetivos de residuos municipales 2025, 2030-2035. "Cómo cumplir los objetivos sin morir en el intento’ en la página de la Fundación
Se queres ver a xornada completa, puedes hacerlo aquí.
Fonte: FEC
Imaxe: Pixabay