- A fin de alcanzar a neutralidad climática en 2050, o Plan incide na importancia da industria do reciclado ao posibilitar a substitución das materias virxes e aforrar unha cantidade importante de emisións de gases de efecto invernadoiro e de enerxía, á vez que crea empregos verdes.
Cerceda, a 25 de marzo de 2020.- O presidente da Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe (FER), Ion Olaeta, referiuse ao novo Plan de Acción de Economía Circular (PAEC), publicado pola Comisión Europea o pasado 11 de marzo, como “un gran logro para os xestores de residuos porque recolle gran parte das súas propostas e demandas para transitar á maior velocidade posible cara a un modelo baseado nun desenvolvemento sostible en toda a Unión Europea”.
A fin de alcanzar a neutralidade climática en 2050 e desvincular o crecemento económico do uso dos recursos naturais, o PAEC incide na importancia da industria do reciclado, toda vez que posibilita a substitución das materias virxes e contribúe a aforrar unha cantidade importante de emisións de gases de efecto invernadoiro e de enerxía, á vez que crea postos de traballo locais non subcontratables –coñecidos como empregos verdes–.
Así, FER destaca deste novo plan o foco de atención que pon sobre os incentivos e o contido reciclado para promover os produtos circulares e capacitar aos consumidores para tomar decisións sostibles. Así mesmo, mostrouse especialmente satisfeita polo feito de que a creación dun mercado da UE que opere correctamente para as materias primas secundarias sexa outra das prioridades do PAEC.
A Federación apoia firmemente o renovado énfase nos criterios de fin da condición de residuo na Eurozona para os fluxos clave, “que debería ir acompañado da simplificación do marco xurídico aplicable ás actividades de reciclado, en particular dos procedementos de transporte de residuos, co fin de aliviar os obstáculos que dificultan o reciclado dos residuos para convertelos en materias primas secundarias de alta calidade”, precisou Olaeta.
Ademais, para a industria da reciclaxe, “tamén é indispensable o acceso a un financiamento axeitado, dadas as grandes disparidades na xestión dos residuos e as actividades de reciclaxe entre os Estados Membro”.
Unha vez analizados todos os aspectos do novo plan, FER, xunto a EuRIC e as súas distintas divisións de reciclaxe de materiais, púxose a disposición da Comisión Europea para traballar en estreita colaboración cos responsables políticos europeos para traducir a pretensión do novo PAEC, tanto nas condicións marco como nas cadeas de valor de produtos clave, en medidas concretas que impulsen a reciclaxe en Europa.
Fonte: FER