- Enmarcado no proxecto “Novas tecnoloxías no sector de residuos como homoxeneización de métodos de traballo seguros e criterios saudables para o envellecemento activo”, contou co apoio financeiro da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais.
- A FER desenvolveu unha aplicación móbil, denominada PREVENFER, e publicou un folleto informativo no que se contempla a preparación para a xubilación e hábitos de traballo para favorecer a prolongación dunha vida laboral máis saudable.
Cerceda, a 9 de xaneiro de 2020.- No marco do proxecto “Novas tecnoloxías no sector de residuos como homoxeneización de métodos de traballo seguros e criterios saudables para o envellecemento activo”, a Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe (FER) editou, co apoio financeiro da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais, diverso material divulgativo destinado ás empresas recuperadoras.
Os contidos a transmitir están vinculados aos comportamentos e métodos de traballo seguros, ademais de hábitos saudables, tendo en conta especialmente aos empregados de maior idade.
Con tal fin, a FER desenvolveu unha aplicación móbil, denominada PREVENFER, na que tamén se explican distintos conceptos relacionados co envellecemento activo, e publicou un folleto informativo no que se contempla a preparación para a xubilación e comportamentos axeitados cos que favorecer a prolongación dunha vida laboral máis saudable.
OBXECTIVOS
Con esta iniciativa, a FER pretende fomentar e desenvolver unha cultura preventiva no sector dos residuos e a reciclaxe, ademais de concienciar e sensibilizar a empresarios e traballadores sobre conceptos relacionados co envellecemento activo, a preparación para a xubilación e o coñecemento de pautas de vida saudable. Así mesmo, quere promocionar actitudes e comportamentos seguros na área de produción.
Fonte e imaxe: economiadehoy.es
Saúdos, Departamento de Comunicación