- Co título "Reciclar para vivir, vivir para reciclar", constará de tres vídeos que explican o papel esencial das empresas recicladoras para lograr un desenvolvemento sostible
Cerceda, a 2 de marzo de 2023.- A Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe (FER) lanzou a campaña “Reciclar para vivir, vivir para reciclar”, na que destaca o traballo desenvolvido por esta organización, así como polas empresas do sector, para que España transite con éxito cara a unha economía circular.
Ao respecto, Ión Olaeta, presidente de FER, explicou que “Con esta campaña, que consiste na difusión de tres vídeos de curta duración, retomamos o slogan do 40 aniversario de FER con tres obxectivos claros: explicar que é FER, cales son as súas principais liñas de actuación e por qué é tan importante a súa representación para o sector; poñer en valor o papel crucial da industria da reciclaxe para a sociedade, e destacar como o seu gran investimento en I+D+i a sitúa á vangarda dos últimos avances tecnolóxicos para converter residuos en recursos”.
O primeiro vídeo, cunha duración de dous minutos, xa pode visionarse na páxina web da Federación e nas súas redes sociais. Leva por título “A referencia en economía circular” e, a través do mesmo, tal e como detallou Olaeta “Quixemos ofrecer unha visión de que é a Federación, a quen representa, cales son as súas principais liñas de actuación e por que a industria da reciclaxe, representada por FER, é e será clave para culminar con éxito a transición a este novo modelo baseado nun desenvolvemento sostible”.
Os seguintes dous vídeos, que tamén terán un claro compoñente divulgativo, serán difundidos os días 18 de marzo e 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Reciclaxe e o Día Mundial do Medio Ambiente respectivamente, nas canles de comunicación de FER, “polo que animamos a todos os axentes da cadea de valor da reciclaxe –Administracións Públicas, produtores e fabricantes, centros de coñecemento e cidadanía– ao seu visionado e estamos á súa disposición para que nos fagan chegar as súas opinións, dúbidas e suxerencias para, entre todos, contribuír a acelerar o tránsito do noso país cara a unha economía circular, baseada nun desenvolvemento sostible”, concluíu.
https://www.youtube.com/watch?v=1f3DiscXpg4&t=134s
Fonte e imaxe: FER