- Comida equilibrada, máxima hixiene, suficiente inxesta de auga e exercicio físico na casa para combater a inactividade forzosa.
Cerceda, a 2 de abril de 2020.- A Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (FESNAD) publicou unha serie de recomendacións para alimentarse ben durante a cuarentena derivada do COVID-19. Son as seguintes:
1. Consome todos os grupos de alimentos.
2. Diminúe drásticamente os produtos procesados ricos en hidratos de carbono simples (ej. bollería, pastelería e zumes).
3. Incrementa o consumo de verduras, legumes e froitas ricas en fibra para mellorar a motilidade intestinal. Prioriza a compra de froitas e verduras frescas con maior vida útil (laranxas, mandarinas, mazás, plátanos, puerros, zanahorias).
4. Inxire 1,5-2 litros de auga diariamente e diminúe os refrescos azucarados.
5. Minimiza a inxesta de bebidas ricas en compostos excitantes e substitúeas por infusións ou auga aromatizada con froitas.
6. Se consumes alimentos ricos en hidratos de carbono complexos (ej. pan, pasta ou arroz), dá preferencia aos integrales.
7. Menos fritos e máis produtos á plancha, asados ao forno ou fervidos. O cociñado dos alimentos debe chegar a un mínimo de 65°C.
8. Agora que se dispón de máis tempo, unha boa opción é compartir cos familiares receitas culinarias baseadas en alimentos frescos.
9. Evita o picoteo, pero, se non podes resistirse, mellor alimentos cun moi baixo aporte enerxético e saciantes (por exemplo, os encurtidos).
10. Antes de saír da casa para realizar a compra, planifícaa para non dilatar o tempo no establecemento. Intenta comprar para varios días.
11. Non fagas provisión de gran cantidade de alimentos, están todos dispoñibles nos mercados.
12. Cando adquiras alimentos no punto de venda, segue cumprindo as normas de hixiene, tocando só os que vaias comprar. Se podes, leva carros e bolsas reutilizables propios.
13. Revisa as datas de caducidade e consumo preferente para evitar o desperdicio alimentario. Refrixera e conxela rápidamente ao chegar a casa.
14. Lava ben os alimentos que consumes en fresco.
15. Fai unha alimentación o máis saudable posible, como está indicado nestas recomendacións.
16. Presta especial atención á hidratación e alimentación dos teus maiores. É conveniente que inxiran líquidos con frecuencia e se fracciones as súas comidas, alomenos 5 tomas ao día
17. No teu domicilio, sempre que vaias manipular alimentos, lava as mans e evita utilizar os mesmos utensilios para produtos frescos e cociñados.
18. Se podes, usa o lavavaixelas cunha temperatura superior aos 60°C.
19. Realiza actividade física. Dispós de diversas plataformas para levala a cabo con elementos que temos nos nosos fogares ou traballando co noso propio corpo.
20. Minimiza o uso de billetes e moedas nos puntos de venda. Mellor, paga con tarxeta.
Fonte: FESNAD
Imaxe: Pixabay