- Así se desprende da segunda enquisa europea sobre o uso de materiais plásticos reciclados na industria europea transformadoras, promovida por EuPC e na que participaron 376 empresas de 21 países.
- O 76% dos transformadores de plásticos móstranse convencidos de que a mellora na recolección e clasificación de residuos plásticos constituiría a forma máis axeitada de incrementar a calidade dos materiais reciclados, apostando igualmente por maiores investimentos en tecnoloxías de reciclaxe (53%) e mellor deseño (29%).
- O 80% asegura que xa están levando a cabo iniciativas neste sentido.
Cerceda, a 31 de xaneiro de 2019.- A Asociación Europea de Transformadores de Plásticos (EuPC, polas súas siglas en inglés) realizou, durante os primeiros 9 meses de 2018, unha segunda enquisa europea sobre o uso de materiais plásticos reciclados na industria europea transformadora, pretendendo indagar nas razóns que impiden precisamente un maior uso deste tipo de materiais por parte das compañías do sector.
A enquisa forma parte do traballo en curso de EuPC para abordar os problemas técnicos relacionados coa reciclaxe de polímeros e o uso de materiais reciclados na industria da transformación. Na mesma participaron 376 empresas de 21 países e, a tenor os resultados, o 76% dos transformadores de plásticos móstranse convencidos de que a mellora na recolección e clasificación dos residuos constituirían unha medida axeitada para incrementar a calidade dos materiais reciclados, apostando igualmente por maiores investimentos en tecnoloxías de reciclaxe (53%) e mellor deseño (29%).
O 80% dos transformadores de plásticos aseguran que xa están levando a cabo iniciativas neste sentido.
Para axudar a mellorar a calidade dos materiais reciclados e incrementar o seu uso, EuPC, xunto con outras asociacións de plásticos, comprometeuse voluntariamente a organizar 50 talleres entre transformadores e recicladores de toda Europa ata 2020.
Ademais, prevé lanzar unha terceira enquisa este mesmo ano e, actualmente, está traballando nun proxecto que ten por obxecto o desenvolvemento dunha ferramenta en liña, única e unificada, para monitorear o uso de materiais plásticos reciclados na industria europea de conversión de plásticos.
SOBRE EuPC
Creada en 1989, e con sede en Bruxelas, EuPC é a asociación comercial, a nivel europeo, de transformadores de plásticos. As súas catro divisións (Embalaxe, Construción, Automoción e Transporte, e Pezas Técnicas) representan os diferentes mercados das industria transformadora do plásticos.
Representa a 28 asociacións nacionais e 18 organizacións sectoriais.
Fonte: www.interempresas.com e EuPC
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación