- Trátase dun centro plenamente comprometido coa protección do medio ambiente, servindo este como instrumento troncal no seu currículo académico.
- Este colexio, que tamén integra a nenos e nenas con algún tipo de discapacidade, así como a outros procedentes de contornas familiares desestructuradas e/ou con escasos recursos, fixo da sustentabilidade a súa bandeira.
- Lourdes Abellán, profesora de audición e linguaxe, considera que a horta escolar e os espazos naturais constitúen un ámbito ideal para a formación integral dos escolares.
Cerceda, a 20 de maio de 2022.- O CEIP Fonte Escura de Vigo, un centro escolar que tamén integra a nenos e nenas con algún tipo de discapacidade, tanto física como intelectual, así como a outros procedentes de contornas familiares desestructurados e/ou con escasos recursos, fixo do medio ambiente a súa bandeira.
Nos últimos anos, unha boa parte das actividades promovidas polo profesorado deste colexio, plenamente comprometido coa sustentabilidade en toda a súa amplitude, xiraron ao redor da protección da contorna, servindo este como instrumento troncal no seu currículo académico e soporte para a aprendizaxe das distintas materias obxecto de estudo.
ACTIVIDADES AMBIENTAIS CON CARÁCTER PERMANENTE
Lourdes Abellán Ruiz, profesora de audición e linguaxe en Fonte Escura, móstrase convencida de que aquilo que se experimenta, apréndese para sempre.
Considera que a horta escolar e os espazos naturais constitúen un ámbito ideal para a educación e formación integral dos escolares, de aí que as actividades ambientais estean presentes durante todo o curso académico. Entre outras, cabería destacar a recollida semanal do plástico e o papel xerado no colexio por parte de grupos de alumnos aos que se asignan quendas mensuais; a limpeza, o abono e a cubrición dos bancales (estruturas con canas para as plantas trepadoras) coa virutilla da poda; rega periódico das plantacións de produtos de tempada; recollida de materia orgánica para “alimentar” o composteiros e obter así un compost natural de alta calidade para a horta e xardín; preparación e coidado dun espazo para herbas aromáticas; talleres de cociña con produtos da horta: queixadas de espinacas, batido de piña e verduras, cariñaas vexetais, etc, inculcando aos escolares unha dieta sa e saudable, así como certas destrezas na cociña; reconto e marcación das árbores do xardín; gxrminación de landras e o recheo dos comedores e bebedoiros dos paxaros.
EDUCACIÓN EN VALORES
Abellán enxalza a gran sorte que ten a comunidade educativa deste centro ao dispoñer de pequenos espazos verdes que lles permiten gozar da observación e a experimentación e, sobre todo, que lles ensinan a “ser pacientes, ter os ollos ben abertos a todos os cambios e marabillarnos da súa maxia”. Tamén de dispoñer dun profesorado que entende as particularidades desta escola e uns “alumnos incribles, malia as grandes dificultades coas que moitos se atopan cada día”.
Sen dúbida, este colexio vigués constitúe un espello no que mirarse e todo un referente para outros moitos centros, dada a súa capacidade de estimulación, o seu afán de axuda aos pequenos e familias, a súa plena dedicación á formación dos pupilos, tanto desde o punto de vista académico como emocional, e o seu empeño por educar a futuros adultos plenamente integrados na sociedade e, sobre todo, felices.
Saúdos, Departamento de Comunicación